27/01/2014
- O programa do Inega para renovar as instalacións de iluminación pública exterior sumará máis de 4,5 millóns beneficiando a máis de 115 municipios galegos.
- A liña incrementa o seu orzamento un 15% con respecto á anterior convocatoria e prevé xerar un aforro enerxético equivalente ao consumo anual de 1.500 familias, cun aforro en custos de 9 millóns de euros durante a vida útil dos equipos.
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, resalta que os concellos aforrarán preto dun 50% no custo da factura eléctrica dos equipos substituídos.
- Destaca a convocatoria dunha nova orde de axudas para a mellora dos parques empresariais, con 3 millóns de euros destinado a cooperar con preto de 50 concellos no impulso destas infraestruturas.
- Ambas achegas priman os proxectos desenvolvidos por agrupacións de concellos incrementando a porcentaxe da subvención un 15%.