Outubro
24/10/2014
- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico.
- A Guía práctica de aforro de enerxía da Consellería de Economía e Industria ofrece consellos cos que reducir ata un 35% o consumo familiar.
- O bo uso da calefacción pode diminuír o seu custo en 350 euros ao ano, un dos factores de maior importancia coa chegada do mal tempo.
- Unha temperatura de entre 19º e 21º resulta suficiente para manter o confort nunha vivenda durante o día, supondo, cada grao de subida, un incremento nos consumos do 7%.
- A optimización dos tempos de ventilación ou evitar o recubrimento dos radiadores con roupa son outras das medidas recollidas na publicación elaborada polo Inega, dispoñible na web do Instituto.