INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2016

2016

A XUNTA SINALA QUE A INNOVACIÓN E A EFICIENCIA ENERXÉTICA SON "IMPRESCINDIBLES" PARA GARANTIR A COMPETITIVIDADE DA ECONOMÍA

18/07/2016

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, inaugurou esta mañá o campus de verán Enerxía e ambiente natural: un reto fronte ao cambio climático, organizado pola Universidade da Coruña.

 - Avogou polo uso das enerxías renovables e polo desenvolvemento tecnolóxico para contar con recursos enerxéticos que garanten a subministración e para reducir a utilización dos derivados do petróleo.
 
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar axudas por valor de 13,5 millóns de euros para impulsar 1.800 proxectos que apostan pola eficiencia e as enerxías limpas.

QUINCE EMPRESAS DA COMARCA DO SALNÉS BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS DO INEGA PARA PROXECTOS QUE FACILITEN O USO RACIONAL DA ENERXÍA

18/07/2016

 - O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que grazas a estas subvencións poderanse levar a acabo auditorías enerxéticas e iniciativas de aforro e eficiencia.

A XUNTA IMPULSA O USO DA BIOMASA NA INDUSTRIA CONSERVEIRA PARA REDUCIR CUSTOS E MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS

06/07/2016

 - Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria e do Mar, Francisco Conde e Rosa Quintana, participaron nunha xornada en Ribeira para informar ao sector conserveiro das vantaxes desta fonte de enerxía autóctona, limpa e rentable.

 
- A biomasa ocupa o primeiro lugar en produción entre as fontes enerxéticas de orixe galega, por diante da auga e do vento.
 
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten concedido 30 millóns de euros desde 2014 para a instalación de 3.000 caldeiras en empresas e fogares.
 
- Conde destacou que o incremento da demanda da biomasa ten que ir unido á excelencia dos produtos galegos, polo que se impulsou que o selo Galicia Calidade certifique a orixe dos pellets e estelas producidos na comunidade.
 
- Rosa Quintana lembrou que a Consellería do Mar puxo a disposición do sector 260 millóns de euros dende o ano 2009 para a modernización da industria transformadora e comercializadora.
 
- No 2015 Galicia produciu preto de 300.000 toneladas de conservas e semiconservas de peixes e mariscos que acadaron un valor económico de máis de 1.200 millóns de euros e incrementou as exportacións nun 9% en relación ao 2014.

XUNTA E FEGAFON ORGANIZAN XORNADAS FORMATIVAS PARA IMPULSAR A INSTALACIÓN DE EQUIPOS QUE MELLORAN A EFICIENCIA ENERXÉTICA

30/06/2016

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, firmou coa Federación Galega de Fontanería un convenio de colaboración que inclúe iniciativas para formar aos profesionais do sector e concienciar aos consumidores sobre a utilización de enerxías renovables.
 
- Destaca que os cursos de formación teórica se completarán coa publicación de manuais e folletos informativos.
 
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de conceder axudas por valor de 13,5 millóns de euros para a execución de máis de 1.800 proxectos presentados por familias, institucións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro para un mellor aproveitamento dos recursos enerxéticos.

A XUNTA MOBILIZARÁ 50 MILLÓNS DE EUROS NO IMPULSO Á EFICIENCIA ENERXÉTICA E Á UTLIZACIÓN DA BIOMASA E DAS ENERXÍAS RENOVABLES

28/06/2016

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede, a través de catro convocatorias públicas, 13,5 millóns de euros para máis de 1.800 proxectos presentados por familias, institucións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro.
 
- Estas axudas autonómicas permitirán a execución de iniciativas que reducirán o consumo enerxético e as emisións de CO2 en máis de 30.000 toneladas ao ano, ao tempo que contribuirán a un aforro anual de 8,5 millóns.
 
- O director xeral de Enerxía e Minas indica que máis de 7 millóns de euros, repartidos entre 1.100 axudas concedidas, se dirixen ao fomento da biomasa, o que permitirá diminuír o uso de gasóleo en 6,33 millóns de litros cada ano.
 
- Bernardo Tahoces destaca que o programa de mellora da eficiencia enerxética contribúe á renovación de instalacións e á elaboración de auditorías para reducir o consumo de enerxías convencionais.
 
- As axudas para renovables diríxense a particulares, pemes e administracións locais, que desenvolverán un total de 195 iniciativas para impulsar o uso da xeotermia, aerotermia e solar térmica.

A XUNTA PUBLICA HOXE NO DOG AXUDAS POR 5 MILLÓNS PARA COLABORAR COS CONCELLOS NA EFICIENCIA ENERXÉTICA E O IMPULSO DO EMPRENDEMENTO

18/05/2016

 - A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 3,5 millóns a un programa para a renovación de iluminación pública exterior e interior e de calefacción dos edificios municipais que permitirá a máis de 70 concellos aforrar 8 millóns de euros.

- As actuacións permitirán reducir ata nun 50% a factura eléctrica das instalacións beneficiadas, contribuíndo á mellora da situación económica dos concellos.
 
- Pon en marcha tamén máis de 1,4 millóns en axudas para promover novas iniciativas comerciais no rural con apoios para máis dunha vintena de Espazos Activos tanto nas prazas de abastos como noutro tipo de instalacións

O INEGA CONSIGUE AFORROS SUPERIORES AO 10% CO SEU SISTEMA DE XESTIÓN ENERXÉTICO INTERNO

13/05/2016

- O Instituto Enerxético de Galicia ten implantado desde o ano 2013 este sistema certificado de acordo aos requisitos da ISO 50001.

A XUNTA REFORZA A SÚA APOSTA POLA BIOMASA CON 12,5 MILLÓNS EN 2016 PARA IMPLANTAR MÁIS DE 1.000 NOVAS CALDEIRAS EN GALICIA

27/01/2016

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salienta, nunha xornada sobre apoios para a instalación destes equipos, que a orde deste ano permitirá xerar un aforro anual de ata 4 millóns en comparación cos combustibles convencionais.

 
- Os proxectos, dirixidos ao ámbito rural, favorecen o incremento da demanda en familias, empresas e administración pública con apoios que cobren ata o 75% do seu custo.
 
- Como principal novidade, destinaranse 4 millóns á realización de proxectos singulares de district heating para a promoción destas redes de subministración de enerxía xerada con biomasa.
 
- Salienta que, no marco da Estratexia de Impulso da Biomasa Forestal, as actuacións mobilizarán “24 millóns potenciando unha nova industria ao servizo da recuperación económica” e aproveitando “todo o potencial dos nosos montes”.
 
- Desde a posta en marcha da Estratexia téñense instalado xa 2.000 caldeiras na Comunidade favorecendo o “despegue da biomasa como fonte de enerxía de presente e de futuro, ao tempo que se fortalece a industria madeireira”.

A XUNTA IMPULSA AFORROS DE ATA O 50% NO GASTO ENERXÉTICO DOS FOGARES GALEGOS GRAZAS AO NOVO PLAN DE VIVENDA EFICIENTE

26/01/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director xeral de Enerxía e Minas presenta unha nova edición dunha estratexia encamiñada a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que ascende a 2.600 euros por exercicio. 

 
- Salienta que o plan comprende dúas areas de actuación –fontes renovables e infraestruturas máis eficientes-, que poden supoñer unha “mellora moi sensible” no etiquetado enerxético dunha vivenda. 
 
- Subliña que o obxectivo é “mellorar pautas de consumo e contribuír á diminución da factura enerxética” das 3.500 familias ás que se chegará. 
 
- As diferentes liñas xerarán investimentos por case 20 millóns permitindo acadar un aforro económico anual de 4 millóns, ademais de evitar a emisión á atmosfera de 15.500 toneladas de CO2.
 
- No eido das instalacións máis eficientes, os apoios para a mellora das envolventes térmicas con tella, granito ou lousa chegan ata o 40%; ao 50% no caso da substitución de ascensores; e ata o 25% nas fiestras. 
 
- No tocante ás renovables, especificamente no eido rural, foméntase a instalación de xeotermia, solar térmica e aerotermia, continuando a aposta pola biomasa, cuxa liña para a instalación de caldeiras nos fogares suma 3 millóns de euros. 

A XUNTA DESTINA 9,5 MILLÓNS Á EFICIENCIA ENERXÉTICA DA INDUSTRIA GALEGA ACHEGANDO OS PROCESOS PRODUTIVOS Á INDUSTRIA 4.0

12/01/2016

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???
- O director do Igape, Javier Aguilera, inaugurou hoxe unha xornada sobre eficiencia enerxética na que que puxo en valor este tipo de actuacións para diminuír custos e gañar competitividade no camiño cara a fábrica intelixente.
 
- Salienta a incorporación de aplicacións TIC e a sensorización industrial como  instrumentos fundamentais para que as empresas acaden maiores graos de eficiencia na súa xestión.
 
- O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro venres 15 e permanecerá aberto ata o 29 de febreiro, aspirándose a impulsar 300 proxectos que xerarán investimentos por máis de 32 millóns na industria galega.
 
- No acto tamén participou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen salientou que estas iniciativas aspiran a acadar un aforro económico de 10 millóns por exercicio, xerar máis de 430 postos de traballo, e evitar a emisión á atmosfera de 19.000 toneladas de CO2 ao ano.
|< << 1 2 3 4