Outubro
28/10/2016
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico .
- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.