INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2017

2017

O CAMBIO DE HORA DESTA FIN DE SEMANA SUPÓN UN AFORRO ENERXÉTICO PRÓXIMO AO 0,4% NO CONSUMO ELÉCTRICO EN GALICIA

24/03/2017

 - A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.

- O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.

- A Xunta ten en marcha o Plan de Vivenda a través do cal se fomenta o  uso de fontes de enerxía renovables e a mellora das infraestruturas para que os galegos dispoñan de fogares máis eficientes.

FAMILIAS, EMPRESAS E ADMINISTRACIÓNS AFORRARÁN CASE 2 MILLÓNS DE EUROS ESTE ANO GRAZAS ÁS AXUDAS PARA PROXECTOS DE BIOMASA

22/03/2017

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou esta mañá en Santiago as novas iniciativas, cuxa solicitude se abre esta semana e coas que se prevé mobilizar 13 millóns de euros.

 
- Os apoios enmárcanse dentro da Estratexia Integral de Impulso á Biomasa que busca fomentar a eficiencia enerxética e diminuír o consumo de enerxías convencionais, ao tempo que se impulsa a industria asociada e se mellora a xestión e o rendemento sustentable dos montes galegos.
 
- As novas ordes completaranse con outras dúas liñas de axudas para impulsar proxectos singulares de redes de distribución con calor con biomasa (district heating) e unha segunda dirixida ao sector agroalimentario.

A XUNTA COLABORA COS CONCELLOS GALEGOS NA CULTURA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA CON ACTUACIÓNS QUE MELLORAN O ALUMEADO PÚBLICO

09/03/2017

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que participou esta mañá en Ribeira nunha xornada, destacou que desde 2011, a Consellería de Economia, Emprego e Industria concedeu axudas que permitiron a renovación de 50.000 puntos de luz e un aforro anual de 3 millóns de euros.
- O Goberno galego apoiou, nos últimos 4 anos, máis de 1.000 proxectos de eficiencia. enerxética no eido da industria e dos servizos

- O Plan de Vivenda 2017, no que se invisten 8,7 millóns de euros, permitirá aos fogares galegos a redución da súa factura eléctrica. 

CONDE SINALA A IMPORTANCIA DE QUE XUNTA, EMPRESAS E FOGARES TRABALLEN XUNTOS PARA IMPULSAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA

06/03/2017

 - O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na xornada organizada pola Xunta con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.

- Destacou as vantaxes do gas natural como mellor solución desde o eido técnico, ambiental e económico para o transporte marítimo e terrestre pesado e para mellorar a capacidade tecnolóxica da industria.
 
- Puxo en valor a capacidade de Galicia neste ámbito lembrando que os estaleiros privados contan cunha ampla experiencia na construción de gaseiros e que a Comunidade ten un estaleiro público de referencia mundial neste tipo de barcos.
 
- Salientou que o Goberno galego apoiou nos últimos 4 anos máis de 1.000 proxectos de eficiencia enerxética no eido da industria e dos servizos, o que supuxo ter acadado un aforro enerxético anual equivalente ao consumo de 40.000 vivendas.
 
- Conde resaltou que unha das prioridades da Administración autonómica é apoiar aos fogares galegos para que poidan reducir a súa factura eléctrica a través do Plan de Vivenda 2017, que cun orzamento de 8,7 millóns inclúe axudas para a renovación de fiestras, cubertas e fachadas e ascensores.

CONDE SUBLIÑA A IMPORTANCIA DA INFORMACIÓN AOS CONSUMIDORES PARA PROTEXER OS SEUS DEREITOS NO ÁMBITO DA ENERXÍA ELÉCTRICA

25/01/2017

- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salienta que coa campaña “Dálle luz á túa factura” se facilitou á cidadanía a comprensión do recibo eléctrico, ademais de facer fincapé na eficiencia enerxética.
 
- Resalta que a iniciativa, que chegou na súa segunda edición a 74 concellos galegos, explica como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.
 
- Incide en que ademais de achegar as claves para que poidan aforrar e exercitar os seus dereitos, a Xunta actúa con contundencia contra os abusos que afectan aos consumidores.
 
- Destaca que desde 2011 Consumo tramitou preto de 20.000 reclamacións relacionadas coa enerxía eléctrica, e que preto do 80% das mesmas foron xa resoltas de xeito favorable para os clientes.

A XUNTA SALIENTA EN NIGRÁN QUE GALICIA CONTA CON MÁIS DO DOBRE DE INSTALACIÓNS DE XEOTERMIA POR HABITANTE QUE A MEDIA ESTATAL

03/01/2017

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou a compañía Marine Instruments, que na posta en marcha da súa nova sede apostou pola enerxía xeotérmica, a solar térmica e os equipamentos de iluminación máis eficientes.
 
- A comunidade supera as 1.000 instalacións de enerxía xeotérmica, concentrándose o 60% en vivendas unifamiliares.
 
- Nos dous últimos anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou a instalación de máis de 200 equipos deste tipo no marco do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética.
 
- Esta enerxía renovable permite aforros económicos que chegan ata o 70% en comparación con outras enerxías.

A XUNTA DESTACA QUE A INSTALACIÓN DE EQUIPOS MÁIS MODERNOS AMOSA A APOSTA DO BALNEARIO DE MONDARIZ POLA EFICIENCIA ENERXÉTICA

02/01/2017

 - O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá as instalacións, que contan con novos sistemas para deshumidificar e refrixerar, así como para un mellor control do gasto enerxético.

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria colaborou con 100.000 euros na execución deste proxecto que permitirá á empresa reducir nun 58% o seu consumo de enerxía. 

- O Inega concedeu este ano 10,7 millóns de euros en axudas para impulsar a eficiencia enerxética na industria e o sector servizos a través de máis de 400 proxectos que contribuirán á redución das emisións de CO2 en máis de 21.000 toneladas cada ano e á xeración de 500 postos de traballo.
|< << 1 2