Xaneiro
25/01/2017
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salienta que coa campaña “Dálle luz á túa factura” se facilitou á cidadanía a comprensión do recibo eléctrico, ademais de facer fincapé na eficiencia enerxética.
- Resalta que a iniciativa, que chegou na súa segunda edición a 74 concellos galegos, explica como reducir o gasto elixindo o tipo de contrato máis axeitado para cada fogar, revisando a potencia contratada ou valorando a discriminación horaria.
- Incide en que ademais de achegar as claves para que poidan aforrar e exercitar os seus dereitos, a Xunta actúa con contundencia contra os abusos que afectan aos consumidores.
- Destaca que desde 2011 Consumo tramitou preto de 20.000 reclamacións relacionadas coa enerxía eléctrica, e que preto do 80% das mesmas foron xa resoltas de xeito favorable para os clientes.
03/01/2017
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou a compañía Marine Instruments, que na posta en marcha da súa nova sede apostou pola enerxía xeotérmica, a solar térmica e os equipamentos de iluminación máis eficientes.
- A comunidade supera as 1.000 instalacións de enerxía xeotérmica, concentrándose o 60% en vivendas unifamiliares.
- Nos dous últimos anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou a instalación de máis de 200 equipos deste tipo no marco do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética.
- Esta enerxía renovable permite aforros económicos que chegan ata o 70% en comparación con outras enerxías.
02/01/2017
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta mañá as instalacións, que contan con novos sistemas para deshumidificar e refrixerar, así como para un mellor control do gasto enerxético.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria colaborou con 100.000 euros na execución deste proxecto que permitirá á empresa reducir nun 58% o seu consumo de enerxía.
- O Inega concedeu este ano 10,7 millóns de euros en axudas para impulsar a eficiencia enerxética na industria e o sector servizos a través de máis de 400 proxectos que contribuirán á redución das emisións de CO2 en máis de 21.000 toneladas cada ano e á xeración de 500 postos de traballo.