2018
07/06/2018
- Feijóo resalta que o convenio regulará os compromisos que ten que adquirir cada unha das partes: a Xunta xestionará os fondos e realizará as contratacións e convenios necesarios; o Concello encargarase das licenzas e de aportar os datos, recursos humanos e materiais precisos para acceder ás instalacións necesarias; e Adif executará as obras e tramitacións necesarias.
- Recorda que este proxecto pioneiro se instalará no barrio da Ponte e proporcionará calefacción e auga quente a 31 edificios públicos e 18 edificios particulares.
- Indica que o ecobarrio, ademais de contar coa primeira rede de calor de xeotermia de Europa incorporará iniciativas como: tecnoloxía LED, alumeado arquitectónico na zona da Chavasqueira, sistema de control e xestión intelixente Smart City e unha oficina.
24/05/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou esta maña en Dodro a empresa de transportes Casas e Cía, que vén de renovar toda a súa frota con vehículos con motor de gas natural líquido.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria recolle nas súas Directrices Enerxéticas 2018-2020, como unha das súas prioridades, o fomento da mobilidade con combustibles alternativos.
14/05/2018
- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe este proxecto, no que se investirán uns 6,5 millóns de euros.
- As obras terán un prazo de execución previsto de 10 meses e actuarán sobre fiestras, cubertas, fachadas e iluminación.
11/05/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu á presentación dos traballos que realizará a empresa Geocisa.
- O obxectivo é determinar o potencial de explotación termal da zona das Burgas para o que se levarán a cabo traballos de documentación, recoñecemento xeolóxico e hidrolóxico, monitorización e análise.
- Os resultados tamén poderán ser utilizados para o desenvolvemento do Ecobarrio que prevé que Ourense conte coa primeira rede de xeotermia de Europa cunha rede de district heating que ten un orzamento de 8,3 millóns de euros.
03/05/2018
- Rueda indica que é prioritario nun ámbito como o da automoción que ten tanta relevancia para Galicia, a súa facturación creceu case un 4,5% o ano pasado, xerou preto de 1000 novos empregos e mesmo bateu o seu récord exportador cun crecemento de preto do 22%.
- Di que este documento recompilará información tanto desde o punto de vista cualitativo como cuantitativo.
- Incide en que o dito estudo tamén abordará os aspectos lexislativos, as boas prácticas noutras rexións e países ou a utilización de novas tecnoloxías no consumo enerxético.
24/04/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no Parlamento para explicar as Directrices Enerxéticas 2018-2020, a planificación da Xunta para abordar o cambio do modelo enerxético.
- Suporá un investimento de máis de 3.000 M€ nos vindeiros tres anos, o triplo que o destinado a este sector desde 2009, e permitirá crear 12.000 empregos.
- O desenvolvemento das enerxías renovables terá un especial protagonismo coa instalación de 1.200 MW e levarase a cultura da eficiencia enerxética a familias e empresas.
- Avanza a posta en funcionamento de dous novos parques eólicos en Muxía no verán e incide en que Galicia contará coa primeira rede de xeotermia de Europa no Ecobarrio de Ourense.
- A Xunta pretende mellorar a calidade de vida dos cidadáns, crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.
23/03/2018
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.
- O uso de iluminación de baixo consumo, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.
22/03/2018
- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde visitaron a Feira da Enerxía de Galicia, que acollerá 255 firmas procedentes de 15 países.
- Alfonso Rueda indicou que a II Feira da Enerxía de Galicia pretende ser un foro no que converxen empresas, institucións, profesionais e usuarios do sector enerxético.
- Francisco Conde, destacou que a II Feira da Enerxía vai ser un escaparate das últimas novidades en especial, das enerxías renovables, un dos ámbitos polo que a Xunta máis está apostando.
19/03/2018
- O ecobarrio de Ourense converte Galicia e a cidade nun exemplo de transformación urbana sustentable e modelo da cidade europea do futuro.
- O titular da Xunta acompañado polo comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea presidiu a presentación do proxecto do ecobarrio da cidade.
- Feijóo asevera que con este proxecto Ourense se transforma nunha cidade pioneira na loita contra o cambio climático, na redución de consumo enerxético e no aproveitamento dos recursos naturais enerxéticos.
- Un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa, aproveitando esta fonte de enerxía para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno.
- “Estamos a falar dun proxecto que ten como fin demostrar que existe outra forma de facer urbanismo e outra forma de facer cidade: máis respectuosa co ambiente e con maior calidade de vida para os veciños”, incide o titular da Xunta.
- Crearase a Oficina do ecobarrio, para informar á comunidade de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética.
- O presidente autonómico asegura que as enerxías renovables e o aproveitamento dos recursos naturais seguirán a desempeñar un papel fundamental, como proba a posta en marcha das Directrices Enerxéticas de Galicia.
- Galicia agradece o apoio prestado desde a Comisión Europea a través do comisario Miguel Arias Cañete para que este ecobarrio poida ser unha realidade cara a 2020.
08/03/2018
- Prevese que Galicia poida aforrar 150 millóns ao ano ata 2020 con iniciativas como o desenvolvemento dos ecobarrios, os plans de aforro na Administración autonómica ou as liñas de axudas ao aforro para reducir o consumo enerxético en fogares e empresas.
- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia 2020.
- Feijóo lembra que o obxectivo de consumo de enerxía final de orixe renovable para 2020 é do 20% en Europa e que en Galicia é hoxe do 38%.