27/06/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na xornada sectorial "Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde", organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.
21/06/2018
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernarco Tahoces, asistiu esta tarde en Ferrol á xornada técnica "GNL: Combustible alternativo para o transporte marítimo".
- Lembrou o compromiso do Goberno galego co impulso ao gas natural, recollido nas Directrices Enerxéticas 2018-2020, tanto no transporte marítimo como terrestre, ao tempo que sinalou a oportunidade que suporá o HUB de GNL de Ferrolterra.
12/06/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na presentación do proxecto ‘LifeDemoWave’, que instalará un prototipo de boia na zona experimental marítima de Punta Langosteira.
- Galicia, xunto co País Vasco, é a única Comunidade que está a experimentar coa enerxía das ondas, e é a segunda que máis electricidade produce a través de renovables.
- As novas Directrices Enerxéticas da Xunta permitirán a instalación de máis de 1.200 MW de fontes autóctonas.
07/06/2018
- Feijóo resalta que o convenio regulará os compromisos que ten que adquirir cada unha das partes: a Xunta xestionará os fondos e realizará as contratacións e convenios necesarios; o Concello encargarase das licenzas e de aportar os datos, recursos humanos e materiais precisos para acceder ás instalacións necesarias; e Adif executará as obras e tramitacións necesarias.
- Recorda que este proxecto pioneiro se instalará no barrio da Ponte e proporcionará calefacción e auga quente a 31 edificios públicos e 18 edificios particulares.
- Indica que o ecobarrio, ademais de contar coa primeira rede de calor de xeotermia de Europa incorporará iniciativas como: tecnoloxía LED, alumeado arquitectónico na zona da Chavasqueira, sistema de control e xestión intelixente Smart City e unha oficina.