Abril
24/04/2018
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no Parlamento para explicar as Directrices Enerxéticas 2018-2020, a planificación da Xunta para abordar o cambio do modelo enerxético.
- Suporá un investimento de máis de 3.000 M€ nos vindeiros tres anos, o triplo que o destinado a este sector desde 2009, e permitirá crear 12.000 empregos.
- O desenvolvemento das enerxías renovables terá un especial protagonismo coa instalación de 1.200 MW e levarase a cultura da eficiencia enerxética a familias e empresas.
- Avanza a posta en funcionamento de dous novos parques eólicos en Muxía no verán e incide en que Galicia contará coa primeira rede de xeotermia de Europa no Ecobarrio de Ourense.
- A Xunta pretende mellorar a calidade de vida dos cidadáns, crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.