28/10/2019
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia- achega como media o 49% do investimento preciso para a posta en marcha destes proxectos que, no conxunto da provincia, mobilizaron de 3,8 M€.
25/10/2019
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano.- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico.
- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.
21/08/2019
- O programa de axudas da Xunta para actuacións de eficiencia enerxética en pemes e grandes empresas do sector industrial permitirá apoiar 200 iniciativas e mobilizar 65M€.
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou esta mañá desta convocatoria que apoiará a mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais e a implantación de sistemas de xestión enerxética.
- Os obxectivos son fomentar o investimento en aforro e eficiencia enerxética no sector industrial, reducindo a factura anual das empresas en 7,28M€ e diminuíndo as emisións de CO2 en preto de 25.000 toneladas ao ano, equivalente á acción de 1,25 millóns de árbores.
- O prazo de solicitudes desta convocatoria, de concorrencia non competitiva, estará aberto do 12 de setembro deste ano ao 31 de decembro de 2020.
- Nos últimos seis anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedeu 1.182 axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos sectores da industria, dos servizos e agrícola que permitiron un aforro de enerxía equivalente ao consumo eléctrico de 75.000 fogares.
05/08/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou hoxe en Santiago de Compostela o proxecto no que a Xunta investiu 1,2M€.
- A iniciativa permitirá un aforro de 50.000 euros ao ano e unha rebaixa na emisión de CO2 de 115 toneladas ao ano, o equivalente a 5775 árbores.
- Conde sinala o avance da Comunidade cara unha Galicia verde grazas á aposta da Xunta pola eficiencia enerxética e as renovables investindo nesta lexislatura 32M€ para reducir a dependencia enerxética e contribuír á loita contra o cambio climático.
- Galicia supera o obxectivo europeo de consumo de enerxías renovables fixado para 2030 cun 35,2% en 2017.
- O conselleiro resalta a importancia de ser unha Administración exemplarizante neste eido e de seguir introducindo políticas que avogen por un consumo limpo, renovable e eficiente, que aproveite os recursos autóctonos e incentive a sustentabilidade.
25/07/2019
- A nova instalación supón un aforro enerxético que ascende aos 46.700 kWh/ano, equivalente ao consumo anual de 16 vivendas; un aforro económico asociado de 5.900 euros anuais; e a redución de 10,57 kW da potencia instalada.
23/07/2019
- Preto dun cento de concesionarios xa participan nesta iniciativa, pensada para incorporar modelos máis eficaces e comprometidos co medio ambiente.
- As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisións do propio vehículo, e concederanse por orde de chegada da solicitude.
16/07/2019
- A través destas entidades colaboradoras os particulares, empresas e autónomos poderán solicitar as axudas desde o 24 de xullo a partir das 9 da mañá.
- Este plan busca a renovación de vehículos con máis de 10 anos de antigüidade e coa ITV en vigor, ademais de cunha titularidade de polo menos un ano de vixencia.
- As axudas van dos 1.000 aos 1.500 euros, dependendo do volume de emisión.
10/07/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos representantes dos concesionarios galegos e dos puntos puntos de venda de vehiculos para abordar o novo programa de apoios que foi consensuado co sector.
- Os particulares, autónomos e empresas recibirán axudas que oscilarán entre os 1.000 e os 1.500 euros.
- Permanece aínda aberto o prazo para que se inscriban nesta iniciativa concesionarios e puntos de venda que ata o de agora suman un total de 64.
- Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 15 de outubro.
08/07/2019
- O presidente da Xunta de Galicia percorreu esta mañá a senda que conecta Montrove con As Pedreiras e O Carballo e que é un exemplo máis da aposta pola mobilidade limpa, segura e sostible.
- Resalta que os galegos contan xa con máis de 100 quilómetros de sendas construídos e confirma que antes de que remate 2020 acadaranse os 170 novos quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe.
- Afirma que nas vindeiras semanas concluirase coa complexa instalación dunha gran pasarela para mellorar o tránsito e a seguridade dos traballadores no polígono da Grela.
- Confirma que no vindeiro mes de agosto comezarase a execución do novo treito da Vía Ártabra para ofrecerlles aos veciños da comarca unha alternativa para acceder á cidade da Coruña moito máis rápida e segura que a colapsada N-VI.
- No eido da seguridade, recorda o esforzo que se está a facer mellorando o estado de conservación das estradas ou eliminando todos os treitos de concentración de accidentes das vías da Xunta antes de que remate 2020.
15/05/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá no I Foro Clave Construtiva celebrado no Centro Empresarial da Construción do Barbanza.
- Destaca a necesidade de que sector e administración aposten pola formación, a seguridade, a prevención, a rehabilitación e a eficiencia enerxética.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica mañá no Diario Oficial de Galicia as axudas para autoconsumo eléctrico destinadas a empresas, administracións locais, universidades e entidades sen ánimo de lucro.