29/04/2019
- O prazo desta convocatoria, de concorrencia competitiva, está aberto desde hoxe ata o 27 de maio.
- Esta orde de axudas pretende seguir avanzando na promoción da cultura do aforro e da eficiencia enerxética.
23/04/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes do sector no que se abordou esta iniciativa coa que se mobilizarán 11 millóns de euros na Comunidade.
- Na reunión abordáronse diferentes medidas para impulsar o dinamismo do mercado galego da automoción.
17/04/2019
- O luns abriuse o prazo para acceder tanto aos apoios para instalacións de enerxías renovables de uso térmico -nas que aínda quedan fondos para iniciativas con xeotermia- como para autoconsumo, que xa recibiu 314 solicitudes
- A resposta dos cidadáns é unha mostra do seu compromiso coa cultura da eficiencia e do aforro enerxético.
16/04/2019
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, sinala que a iniciativa mobilizará 11 millóns de euros e evitará a emisión á atmosfera de máis de 1.100 toneladas de CO2 ao ano, o equivalente á acción de 58.200 árbores.
- Contémplanse axudas para a compra de turismos, furgóns, camións e autobuses e para a posta en marcha de infraestruturas de recarga, sistemas de préstamo de bicicletas eléctricas e plans de transporte aos centros de traballo.
- O prazo de presentación de solicitudes comezará o vindeiro 17 de xuño e no caso da adquisición de vehículos e das infraestruturas de recarga xestionarase a través de entidades colaboradoras.