21/08/2019
- O programa de axudas da Xunta para actuacións de eficiencia enerxética en pemes e grandes empresas do sector industrial permitirá apoiar 200 iniciativas e mobilizar 65M€.
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou esta mañá desta convocatoria que apoiará a mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais e a implantación de sistemas de xestión enerxética.
- Os obxectivos son fomentar o investimento en aforro e eficiencia enerxética no sector industrial, reducindo a factura anual das empresas en 7,28M€ e diminuíndo as emisións de CO2 en preto de 25.000 toneladas ao ano, equivalente á acción de 1,25 millóns de árbores.
- O prazo de solicitudes desta convocatoria, de concorrencia non competitiva, estará aberto do 12 de setembro deste ano ao 31 de decembro de 2020.
- Nos últimos seis anos, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedeu 1.182 axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos sectores da industria, dos servizos e agrícola que permitiron un aforro de enerxía equivalente ao consumo eléctrico de 75.000 fogares.
05/08/2019
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou hoxe en Santiago de Compostela o proxecto no que a Xunta investiu 1,2M€.
- A iniciativa permitirá un aforro de 50.000 euros ao ano e unha rebaixa na emisión de CO2 de 115 toneladas ao ano, o equivalente a 5775 árbores.
- Conde sinala o avance da Comunidade cara unha Galicia verde grazas á aposta da Xunta pola eficiencia enerxética e as renovables investindo nesta lexislatura 32M€ para reducir a dependencia enerxética e contribuír á loita contra o cambio climático.
- Galicia supera o obxectivo europeo de consumo de enerxías renovables fixado para 2030 cun 35,2% en 2017.
- O conselleiro resalta a importancia de ser unha Administración exemplarizante neste eido e de seguir introducindo políticas que avogen por un consumo limpo, renovable e eficiente, que aproveite os recursos autóctonos e incentive a sustentabilidade.