17/12/2020
- Las ayudas, cofinanciadas con Fondos de la Unión Europea, están gestionadas por el IDAE y deben de ser solicitadas a través de su sede electrónica.
- Estas convocatorias se inscriben en la Línea de Ayudas que, dotada con 316 millones de euros, ha puesto en marcha MITECO para impulsar las instalaciones de renovables en todo el territorio nacional.
- Las ayudas, a fondo perdido, se rigen por el principio de concurrencia competitiva con el objetivo de optimizar al máximo la aplicación de las mismas y están cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional.
- Las convocatorias han sido elaboradas en colaboración con el INEGA y la Xunta de Galicia.
17/12/2020
- A directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá nun webinario no que se presentaron estas medidas que prestarán especial atención a sectores como a automoción, o forestal ou o turístico.
- O Goberno galego participou na definición das tipoloxías e tecnoloxías adaptadas ás características da Comunidade e no establecemento de criterios.
- Destaca o compromiso da Xunta co impulso dunha economía verde.
01/12/2020
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá na clausura da Asemblea xeral extraordinaria da Asociación galega de áridos.
- Destacou o labor da entidade nos eidos da formación, a divulgación e a concienciación social.
24/11/2020
- O vicepresidente económico, Francisco Conde, avogou no X Aniversario do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) por asentar a recuperación económica nun modelo industrial sustentable e tecnolóxico.
- Sinala que os fondos europeos de recuperación van supoñer un gran estímulo neste ámbito, apuntando que dos 108 proxectos da candidatura galega, 33 están centrados nas renovables, a mobilidade sustentable e a economía circular.
24/11/2020
- O vicepresidente económico, Francisco Conde, interveu no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronterizo no que participaron nove socios de Galicia e do Norte de Portugal e que contou cun investimento de 2,5M€.
- A iniciativa permitiu mellorar as capacidades dos centros de I+D das dúas rexións para optimizar a explotación e uso da biomasa procedente dos restos da poda forestal de matogueiras, vide e kiwi.
- Galicia puxo en marcha en 2014 a Estratexia da biomasa forestal con fins térmicos que favoreceu a instalación de 7000 caldeiras e a actuación en 72 edificios públicos.
- A Xunta está comprometida co impulso da industria forestal e co fomento do uso da madeira, tanto na construción como a través de novas utilidades e produtos.
09/11/2020
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o enlace ás listaxes das persoas que teñen concedida esta axuda coa que se compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña.
- A Vicepresidencia económica, a través do Inega, xa enviou cartas informativas aos beneficiarios para que, se é o caso, completen os datos necesarios ou renuncien ás axudas se o desexan.
02/11/2020
- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación activou este ano tres ordes de apoios para impulsar as renovables térmicas, a enerxía fotovoltaica e a biomasa nos fogares galegos.
- Agárdase mobilizar 12,5 M€ na instalación destes proxectos, o que permitirá contribuír á reactivación económica do sector e o mantemento e creación de empregos.
23/10/2020
- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico.
- O uso de iluminación eficiente, unha correcta climatización das vivendas, ou a instalación de sensores que regulen a luz artificial poden diminuír ata un 35% o consumo enerxético anual nos fogares galegos.
20/10/2020
- O delegado da Xunta na Coruña asistiu, xunto co reitor, Julio Abalde ao inicio das obras de mellora de eficiencia enerxética no pavillón de deportes del campus de Elviña.
02/07/2020
- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro hoxe con representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos.
- Apóiase a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras por outras de clase A+++.
- As axudas permiten fomentar a cultura do aforro enerxético para avanzar cara a unha economía máis verde, á vez que se apoia a 9000 familias e se reactiva o tecido empresarial e comercial.
- Enmarcado no Plan de reactivación económica, inclúe unha segunda liña de axudas para impulsar a domótica enerxética, a través da monitorización eléctrica e térmica das vivendas.