09/03/2020
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou hoxe en Santiago de Compostela sobre as solicitudes do Plan de Mobilidade Eficiente.
- En total, rexistráronse ata o momento 589 solicitudes (534 de persoas físicas e 55 de empresas e autónomos).
- Agora mesmo queda crédito dispoñible para as axudas que soliciten autónomos e empresas.
03/02/2020
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de apoios para este ano no que se invisten 3,5M€.
- A iniciativa prevé impulsar 100 proxectos, mobilizar 9M€, reducir as emisións de CO2 anuais en 8600 toneladas e xerar ao redor de 120 postos de traballo.
- Nos últimos sete anos apoiáronse máis de 1.200 iniciativas con aforros eléctricos equivalentes ao consumo anual de 94.000 fogares.
- Hoxe tamén se abre o prazo para que as entidades colaboradores se poidan adherir ao Plan de Mobilidade Eficiente, que inclúe axudas para particulares, autónomos e empresas que van dos 2000 aos 2500 euros, dependendo do tipo e do volume de emisión do vehículo que se adquira.
01/02/2020
- Ao acto de peche celebrado esta semana asistiron a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o director de Enerxía e Planificación Enerxética do Inega, Emérito Freire.
- O investimento destinado a este proxecto de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal sitúase en case 1 millón de euros.
- Este proxecto prima a busca dun uso máis eficiente dos recursos naturais nun proceso imprescindible para a poboación como é o tratamento das augas residuais.
- En Galicia hai 160 depuradoras que dan servizo a poboacións de máis de 2.000 habitantes equivalentes.
- O traballo desenvolvido ten permitido pór en práctica proxectos concretos de optimización enerxética nas depuradoras de augas residuais de A Pobra do Caramiñal, Cedeira, Ares, Nigrán e Gondomar.
- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade enmarca estas experiencias piloto no plan de acción da Xunta e de Augas de Galicia de apoio aos Concellos nas súas competencias na explotación e o mantemento axeitado desta instalacións.
31/01/2020
- Máis de 30 técnicos e axentes do mercado, participaron o 29 de xaneiro de 2020 nun “ workshop” enmarcado no proxecto europeo QualDeEPC. Catro grupos de traballo analizaron e propuxeron iniciativas de mellora nos temas de calidade da certificación, requisitos dos certificados e certificadores, control independente dos certificados, publicidade no aluguer e compra-venda de pisos e edificios, así como unha nova proposta de plataforma que relacione e favoreza a renovación enerxética en profundidade dos edificios.
17/01/2020
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe na Coruña, xunto co reitor da UDC, Julio Abalde, as iniciativas que se realizarán nos edificios do Reitorado, o pavillón de Elviña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura e La Normal -no campus da Coruña- e na Facultade de Humanidades e na Escola Politécnica Superior -no campus de Ferrol-.
- As actuacións, ás que se destinan 2,2M€ en axudas, favorecerán un aforro enerxético equivalente ao consumo de 10.000 fogares e evitarán a emisión de 700 toneladas de CO2 ao ano.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 5,9M€ a 18 proxectos de eficiencia e impulso das renovables nas universidades galegas, unha nova medida que pretende seguir avanzando na cultura do aforro enerxético e no obxectivo de contar cunha Galicia máis verde.