31/01/2020
- Máis de 30 técnicos e axentes do mercado, participaron o 29 de xaneiro de 2020 nun “ workshop” enmarcado no proxecto europeo QualDeEPC. Catro grupos de traballo analizaron e propuxeron iniciativas de mellora nos temas de calidade da certificación, requisitos dos certificados e certificadores, control independente dos certificados, publicidade no aluguer e compra-venda de pisos e edificios, así como unha nova proposta de plataforma que relacione e favoreza a renovación enerxética en profundidade dos edificios.
17/01/2020
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe na Coruña, xunto co reitor da UDC, Julio Abalde, as iniciativas que se realizarán nos edificios do Reitorado, o pavillón de Elviña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura e La Normal -no campus da Coruña- e na Facultade de Humanidades e na Escola Politécnica Superior -no campus de Ferrol-.
- As actuacións, ás que se destinan 2,2M€ en axudas, favorecerán un aforro enerxético equivalente ao consumo de 10.000 fogares e evitarán a emisión de 700 toneladas de CO2 ao ano.
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina un total de 5,9M€ a 18 proxectos de eficiencia e impulso das renovables nas universidades galegas, unha nova medida que pretende seguir avanzando na cultura do aforro enerxético e no obxectivo de contar cunha Galicia máis verde.