24/11/2020
- O vicepresidente económico, Francisco Conde, avogou no X Aniversario do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) por asentar a recuperación económica nun modelo industrial sustentable e tecnolóxico.
- Sinala que os fondos europeos de recuperación van supoñer un gran estímulo neste ámbito, apuntando que dos 108 proxectos da candidatura galega, 33 están centrados nas renovables, a mobilidade sustentable e a economía circular.
24/11/2020
- O vicepresidente económico, Francisco Conde, interveu no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronterizo no que participaron nove socios de Galicia e do Norte de Portugal e que contou cun investimento de 2,5M€.
- A iniciativa permitiu mellorar as capacidades dos centros de I+D das dúas rexións para optimizar a explotación e uso da biomasa procedente dos restos da poda forestal de matogueiras, vide e kiwi.
- Galicia puxo en marcha en 2014 a Estratexia da biomasa forestal con fins térmicos que favoreceu a instalación de 7000 caldeiras e a actuación en 72 edificios públicos.
- A Xunta está comprometida co impulso da industria forestal e co fomento do uso da madeira, tanto na construción como a través de novas utilidades e produtos.
09/11/2020
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o enlace ás listaxes das persoas que teñen concedida esta axuda coa que se compensan os gastos dos consumidores máis vulnerables polo uso da calefacción e auga quente ou cociña.
- A Vicepresidencia económica, a través do Inega, xa enviou cartas informativas aos beneficiarios para que, se é o caso, completen os datos necesarios ou renuncien ás axudas se o desexan.
02/11/2020
- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación activou este ano tres ordes de apoios para impulsar as renovables térmicas, a enerxía fotovoltaica e a biomasa nos fogares galegos.
- Agárdase mobilizar 12,5 M€ na instalación destes proxectos, o que permitirá contribuír á reactivación económica do sector e o mantemento e creación de empregos.