14/12/2021
- A través dun investimento de 17,2M€, a Xunta espera chegar a 3000 beneficiarios e crear ao redor de 300 empregos.
- Os apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos nun momento de continua escalada de prezos na factura de fogares e tecido empresarial, ademais de xerar emprego e favorecer unha mellora ambiental no obxectivo de contar cunha Galicia cada vez máis verde.
- Estas novas liñas de axudas súmanse ás dirixidas ao autoconsumo e almacenamento enerxético en empresas, polo que o orzamento total co que conta Galicia ascende a 37 millóns de euros.
09/12/2021
- O Goberno autonómico apoiará con este programa a adquisición de máis de 1000 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
- Os galegos e galegas poderán solicitar as axudas, que poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.