08/03/2022
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe, na Cidade da Cultura, no 10º Foro Next Generation Galicia, centrado nas enerxías renovables, o hidróxeno verde e o almacenamento enerxético.
- Salienta que conta coa colaboración de empresas de referencia no sector como Naturgy, Iberdrola, EDP Renovables, Repsol e Navantia, ademais de prestar especial atención ás pemes.
Destaca que un dos proxectos máis importantes que presenta Galicia é o desenvolvemento dunha planta de xeración de hidróxeno verde e enerxía renovable, incluído no Polo para a Transformación de Galicia, cun investimento de 130M€ e a creación de 500 empregos.
01/03/2022
- Cun orzamento de 2M€, axudará a 13.000 familias a renovar os electrodomésticos dos seus fogares e aforrar 540.000 euros na factura eléctrica.
- O período de solicitudes para os interesados abrirase o vindeiro 23 de marzo.
- Os consumidores con máis dificultades terán unha intensidade de axuda superior que pode chegar ao 75% do custo e ata 450€ por aparello.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.
15/02/2022
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe nun novo encontro do grupo de traballo centrado en tecnoloxía e innovación, mantendo o compromiso de que calquera proxecto deberá ser compatible coas actividades xa existentes.
07/02/2022
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a instalación xeotérmica do campus de Ourense.
- Apunta que as novas instalacións do campus de Ourense, que mobilizaron máis de 925.000 euros, contan co apoio da Xunta a través dunha orde de axudas que abriu especificamente para impulsar a eficiencia enerxética nas universidades públicas de Galicia.
- En total, nestes dous anos, entre 2021 e 2022, esta liña de apoios vai sumar investimentos por importe de 10M€.
- Lembra que a Xunta vai seguir traballando por unha Galicia máis verde que ten que vincularse co desenvolvemento das enerxías renovables.
19/01/2022
- Os apoios da Vicepresidencia económica, a través do Inega, favorecerán a mobilización de3,75 millóns de euros e a creación de 37 empregos.
- Os particulares que queiran beneficiarse destas axudas poderán solicitalas a partir do 1 de marzo.
- A instalación dunha caldeira de biomasa supón reducir á metade o gasto con respecto ao gasóleo e un 30% fronte ao gas natural.
- Desde 2014, a Xunta ten colaborado na colocación de 8000 caldeiras nos fogares galegos.
18/01/2022
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá as instalacións de Breogán Motor en Oleiros, unha das entidades que participa na convocatoria.
- As axudas, que abriron onte o prazo de solicitude, destinan 2,5M€ á adquisición de vehículos eficientes por parte de particulares, autónomos e empresas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
17/01/2022
- Cun orzamento de 2,5M€, as axudas poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
04/01/2022
- Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.
- As axudas poderán aplicarse aos vehículos adquiridos desde o pasado 1 de xaneiro.
- O Goberno autonómico impulsará con este programa a compra de ao redor de 1100 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.