INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2022 ou Marzo

Marzo

CONDE DESTACA A OPORTUNIDADE QUE OS FONDOS EUROPEOS REPRESENTAN PARA IMPULSAR UNHA MOBILIDADE TERRESTRE E MARITIMA SOSTIBLES

29/03/2022

- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo, xunto coa delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, nun encontro enerxético centrado na mobilidade.
- Insiste en que é de vital importancia para Galicia participar no Perte da automoción e agarda que se concreten axiña os detalles do Perte naval.

GALICIA ASPIRA A CONVOCAR EN 2022 AXUDAS POR MÁIS DE 128M€ PARA FAVORECER O AFORRO ENERXÉTICO E O USO DE ENERXÍAS RENOVABLES EN FOGARES E EMPRESAS

25/03/2022

- A Xunta conta actualmente cun total de 90M€ e agarda poder incorporar ao longo do ano outros 38M€ entre recursos propios e do Estado.
- O fomento do autoconsumo, a instalación de proxectos con renovables, a busca de melloras tecnolóxicas que contribúan a unha maior eficiencia, así como a renovación de electrodomésticos e vehículos son as principais propostas da Xunta de Galicia.
- O Executivo autonómico contribúe así a avanzar na transición enerxética e, á vez, trata de paliar os efectos da suba de prezos enerxéticos e combustibles que está afectando o tecido empresarial e as familias galegas, á espera de que o Goberno central aprobe dunha vez medidas que realmente axuden a corrixir esta situación.
- Nas próximas semanas activarase unha liña de apoios para a instalación de proxectos renovables para usos térmicos -biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e solar térmica- nos sectores económicos galegos, ademais de lanzar unha nova convocatoria do Bono Enerxía Peme para a instalación de equipamento eficiente.
- Aberto xa o prazo de solicitudes para o programa Galicia Renova Electrodomésticos, con axudas de ata 450 euros para que os fogares con menos recursos poidan adquirir aparellos máis eficientes.
O Consello da Xunta avaliou na reunión desta mañá as liñas de axuda que xa ten programadas ou en execución para este ano e ás que se poden acoller os fogares e as empresas galegas co obxectivo de promover o aforro enerxético e o uso de renovables para seguir construíndo unha Galicia máis verde. En total, as medidas aprobadas suman 90M€ aínda que a Administración autonómica agarda poder incorporar ao longo do ano outros 38M€ entre recursos propios e fondos do Estado.

A XUNTA ACTIVA 2M€ PARA FAVORECER A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS NOS FOGARES GALEGOS

23/03/2022

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá en Santiago de Compostela un dos 437 establecementos adheridos a esta iniciativa.
- As persoas interesadas poden beneficiarse desde hoxe destas axudas para a adquisición de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas ou encimeras.
- Os consumidores con máis dificultades terán unha intensidade de axuda superior que pode chegar ao 75% do custo e ata 450€ por aparello.
- Con esta medida da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.

CONDE DESTACA QUE A ASOCIACIÓN GALEGA DO HIDRÓXENO VAI SER UN AXENTE MOBILIZADOR DO SECTOR NA CANDIDATURA DE GALICIA AO PERTE DE ENERXÍAS RENOVABLES

22/03/2022

- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe, na Cidade da Cultura, na xornada de presentación da Asociación Galega do Hidróxeno AGH2.
- Subliña que esta organización xorde porque Galicia está sabendo interpretar este contexto de oportunidade, nun momento en que a aposta polas renovables é un elemento clave para reducir o prezo eléctrico e garantir a competitividade e sustentabilidade do tecido industrial.
- Apunta que Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis enerxía renovable xerou durante 2021, e que a eólica e a hidráulica sumaron máis do 70 por cento da produción eléctrica autonómica.

A XUNTA INICIA EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS OS ENCONTROS ENERXÉTICOS COS QUE SE PRETENDE AVANZAR CARA A UNHA GALICIA MÁIS VERDE E COMPETITIVA

21/03/2022

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nesta xornada centrada en autoconsumo e renovables térmicas, na que participaron Coren, Finsa e a Universidade de Vigo.
- O obxectivo é achegar ao empresariado e á sociedade as posibilidades que presentan as novas enerxías no actual contexto de transición enerxética.

CONDE RESALTA QUE A CANDIDATURA GALEGA AO PERTE DE ENERXÍAS RENOVABLES SUMA INICIATIVAS QUE PODEN CHEGAR A MOBILIZAR MÁIS DE 3800M€

08/03/2022

- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe, na Cidade da Cultura, no 10º Foro Next Generation Galicia, centrado nas enerxías renovables, o hidróxeno verde e o almacenamento enerxético.
- Salienta que conta coa colaboración de empresas de referencia no sector como Naturgy, Iberdrola, EDP Renovables, Repsol e Navantia, ademais de prestar especial atención ás pemes.
Destaca que un dos proxectos máis importantes que presenta Galicia é o desenvolvemento dunha planta de xeración de hidróxeno verde e enerxía renovable, incluído no Polo para a Transformación de Galicia, cun investimento de 130M€ e a creación de 500 empregos.

A XUNTA ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA QUE SE POIDAN ADHERIR ENTIDADES COLABORADORAS AO PROGRAMA DE AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS

01/03/2022

- Cun orzamento de 2M€, axudará a 13.000 familias a renovar os electrodomésticos dos seus fogares e aforrar 540.000 euros na factura eléctrica.
- O período de solicitudes para os interesados abrirase o vindeiro 23 de marzo.
- Os consumidores con máis dificultades terán unha intensidade de axuda superior que pode chegar ao 75% do custo e ata 450€ por aparello.
- Con esta iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.