26/09/2022
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde nunha reunión do Observatorio da Eólica Mariña.
- A plataforma poderá comezar a súa tramitación unha vez asinado o acordo entre a Xunta, a Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica de España.
- É preciso que o Goberno central axilice a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) co obxectivo de coñecer as zonas delimitadas para a implantación destas enerxías.
16/09/2022
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura dunha xornada sobre hidróxeno renovable e almacenamento organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
- Subliña que o hidróxeno ocupa un papel central na Axenda Enerxética de Galicia, xa que vai contribuír a diminuír a dependencia do exterior.