17/01/2023
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta mañá a nova edición de Galicia Renova Electrodomésticos que este ano contará cun orzamento de 3 millóns de euros.
- Os establecementos interesados poderán inscribirse desde mañá e ata o 30 de xuño.
- Con esta iniciativa facilitarase que 20.000 fogares galegos poidan renovar frigoríficos e conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras aforrando 800.000 euros ao ano na súa factura enerxética.
- O prazo de solicitude de axudas por parte dos consumidores abrirase a partir do 8 de febreiro.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores e a creación ou mantemento de preto de 150 empregos.