INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

LA XUNTA REFUERZA SU COLABORACIÓN CON EL CLUSTER DE LA BIOMASA PARA SEGUIR IMPULSANDO ESTA ENERGÍA RENOVABLE Y AUTÓCTONA

27/06/2023

- El director general de Planificación Energética y Recursos Naturales, Pablo Fernández Vila, participó en la inaguración de la Asamblea general de la entidad, en la que se firmó un convenio mediante el cual se definirán nuevas medidas para apoyar el sector, así como diferentes iniciativas de información y divulgación.

Santiago de Compostela, 27 de junio de 2023.- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na inauguración da Asemblea xeral do Clúster da Biomasa de Galicia, no que se asinou un convenio mediante o cal se definirán novas medidas para seguir impulsando esta enerxía renovable e autóctona e apoiar a creación de riqueza e emprego arredor desta industria.


O acordo está dotado con máis de 44.000 euros, dos cales o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) achega o 90%. Nel contémplase tamén a creación dun punto de información a particulares e empresas en relación coa biomasa, atendido por persoal especializado do Clúster, e a actualización, dinamización e xeración de contidos para o Observatorio Galego da Biomasa. Ademais, o Clúster tamén dará apoio na organización de actividades de difusión e comunicación que organice o Inega.


Dentro da aposta da Administración autonómica por esta fonte de enerxía, unha das principais fontes de enerxía primaria en Galicia xunto co vento e a auga, ata o 29 de xuño está aberto o prazo das axudas por 1,5 millóns de euros para apoiar a instalación por parte de particulares de caldeiras de biomasa para a xeración de enerxía térmica. A contía será dun 50% cun máximo de 8000 euros por proxecto.