INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2023 ou Setembro

Setembro

A XUNTA XA CONCEDEU MÁIS DE 4900 APOIOS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS E A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA A TRAVÉS DO MOVES III

19/09/2023

- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Boqueixón a empresa Morteros de Galicia, beneficiaria deste programa a través dunha axuda para a instalación dun punto de recarga no aparcadoiro cuberto.

A XUNTA EMPREGARÁ A COMPRA PÚBLICA DE INNOVACIÓN NO SECTOR DA ENERXÍA E A INDUSTRIA PARA IMPUSAR O HIDRÓXENO VERDE E AS RENOVABLES MARIÑAS

12/09/2023

- Este programa vai enfocado a impulsar a actual plataforma experimental de Punta Langosteira e ao desenvolvemento de solucións innovadoras ao redor da cadea de valor do hidróxeno verde.
- Lorenzana fai unha chamada á colaboración público-privada e de todo o ecosistema de I+D+i de Galicia e do resto de España para participar na rolda de consultas preliminares ao mercado que vai abrir a Administración autonómica.
- Destaca que, con esta iniciativa, o Goberno galego está facendo “unha aposta sen precedentes” pola Compra Pública de Innovación vinculada por primeira vez ao sector da enerxía.

A XUNTA VE NA FUTURA PLATAFORMA DE EÓLICA MARIÑA UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA PROBAR A COMPATIBILIDADE DAS ENERXÍAS RENOVABLES COA ACTIVIDADE MARÍTIMO-PESQUEIRA

26/09/2022

- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde nunha reunión do Observatorio da Eólica Mariña.
- A plataforma poderá comezar a súa tramitación unha vez asinado o acordo entre a Xunta, a Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica de España.
- É preciso que o Goberno central axilice a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) co obxectivo de coñecer as zonas delimitadas para a implantación destas enerxías.

A XUNTA SINALA A APOSTA POLO HIDRÓXENO VERDE COMO CLAVE PARA A TRANSICIÓN ENERXÉTICA

16/09/2022

- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura dunha xornada sobre hidróxeno renovable e almacenamento organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
 - Subliña que o hidróxeno ocupa un papel central na Axenda Enerxética de Galicia, xa que vai contribuír a diminuír a dependencia do exterior.