16/09/2022
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura dunha xornada sobre hidróxeno renovable e almacenamento organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
- Subliña que o hidróxeno ocupa un papel central na Axenda Enerxética de Galicia, xa que vai contribuír a diminuír a dependencia do exterior.
01/08/2022
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ampliacións concedidas a través dos fondos europeos, coas que a Xunta conta con 74M€.
- Con estas axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata 2023, prevese acadar aforros de 40M€ ao ano nas facturas enerxéticas de fogares, empresas e administracións.
- Estes programas van en liña co Plan de medidas para o aforro e a eficiencia enerxética impulsado pola Administración autonómica.
04/05/2022
- Esgotado o crédito destinado a persoas físicas, tras a ampliación realizada o mes pasado.
- Quedan 55.000 euros dispoñibles para empresas e autónomos.
- As axudas mobilizarán 34 millóns de investimento público-privado.
03/05/2022
- O programa Galicia Renova Electrodomésticos esgotou o orzamento previsto -2 millóns de euros- e xa conta con varias solicitudes en lista de agarda.
- As lavadoras e os frigoríficos-conxelador foron os aparellos máis demandados.
- Con esta medida da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.
19/04/2022
- Cun orzamento de cinco millóns de euros, agárdase mellorar a competitividade empresarial a través dun aforro económico anual de 3,7 millóns de euros, mobilizar un investimento de 12,5 millóns e crear ou manter 170 empregos.
- Mañá, 20 de abril, tamén abre o prazo de solicitude dos apoios para fomentar o uso de enerxías renovables térmicas en empresas.
05/04/2022
- Convocado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), destínanse dous millóns de euros para melloras de envolvente, iluminación, instalacións eléctricas e equipamentos no comercio, a hostalería, as actividades artístico-recreativas e outros servizos.
- Cubrirá o 80% do custo elixible ata un máximo de 6000 euros por solicitude.
01/04/2022
- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Ferrol no Encontro enerxético sobre hidróxeno verde.
29/03/2022
- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo, xunto coa delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, nun encontro enerxético centrado na mobilidade.
- Insiste en que é de vital importancia para Galicia participar no Perte da automoción e agarda que se concreten axiña os detalles do Perte naval.
25/03/2022
- A Xunta conta actualmente cun total de 90M€ e agarda poder incorporar ao longo do ano outros 38M€ entre recursos propios e do Estado.
- O fomento do autoconsumo, a instalación de proxectos con renovables, a busca de melloras tecnolóxicas que contribúan a unha maior eficiencia, así como a renovación de electrodomésticos e vehículos son as principais propostas da Xunta de Galicia.
- O Executivo autonómico contribúe así a avanzar na transición enerxética e, á vez, trata de paliar os efectos da suba de prezos enerxéticos e combustibles que está afectando o tecido empresarial e as familias galegas, á espera de que o Goberno central aprobe dunha vez medidas que realmente axuden a corrixir esta situación.
- Nas próximas semanas activarase unha liña de apoios para a instalación de proxectos renovables para usos térmicos -biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e solar térmica- nos sectores económicos galegos, ademais de lanzar unha nova convocatoria do Bono Enerxía Peme para a instalación de equipamento eficiente.
- Aberto xa o prazo de solicitudes para o programa Galicia Renova Electrodomésticos, con axudas de ata 450 euros para que os fogares con menos recursos poidan adquirir aparellos máis eficientes.
O Consello da Xunta avaliou na reunión desta mañá as liñas de axuda que xa ten programadas ou en execución para este ano e ás que se poden acoller os fogares e as empresas galegas co obxectivo de promover o aforro enerxético e o uso de renovables para seguir construíndo unha Galicia máis verde. En total, as medidas aprobadas suman 90M€ aínda que a Administración autonómica agarda poder incorporar ao longo do ano outros 38M€ entre recursos propios e fondos do Estado.
23/03/2022
- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá en Santiago de Compostela un dos 437 establecementos adheridos a esta iniciativa.
- As persoas interesadas poden beneficiarse desde hoxe destas axudas para a adquisición de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas ou encimeras.
- Os consumidores con máis dificultades terán unha intensidade de axuda superior que pode chegar ao 75% do custo e ata 450€ por aparello.
- Con esta medida da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación preténdese apoiar as familias galegas nun momento de elevada inflación dos produtos enerxéticos, á vez que se dinamiza o sector comercial.