INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas

Novas

ABRE O PRAZO DE ADHESIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS AXUDAS DA XUNTA PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADOS AOS FOGARES GALEGOS

19/01/2022

- Os apoios da Vicepresidencia económica, a través do Inega, favorecerán a mobilización de3,75 millóns de euros e a creación de 37 empregos.
- Os particulares que queiran beneficiarse destas axudas poderán solicitalas a partir do 1 de marzo.
- A instalación dunha caldeira de biomasa supón reducir á metade o gasto con respecto ao gasóleo e un 30% fronte ao gas natural.
- Desde 2014, a Xunta ten colaborado na colocación de 8000 caldeiras nos fogares galegos.

A COMARCA DA CORUÑA CONTA CON 14 CONCESIONARIOS ADHERIDOS AO PROGRAMA RENOVE AUTOMOCIÓN CO QUE SE PODEN OBTER DESCONTOS DE ATA 4600 EUROS POR VEHÍCULO

18/01/2022

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá as instalacións de Breogán Motor en Oleiros, unha das entidades que participa na convocatoria.
- As axudas, que abriron onte o prazo de solicitude, destinan 2,5M€ á adquisición de vehículos eficientes por parte de particulares, autónomos e empresas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.

A XUNTA ABRE HOXE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS DO RENOVE AUTOMOCIÓN PARA A COMPRA DE VEHÍCULOS EFICIENTES POR PARTE DE PARTICULARES, AUTÓNOMOS E EMPRESAS

17/01/2022

- Cun orzamento de 2,5M€, as axudas poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26M€, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.

A XUNTA ABRE ESTE MES O PRAZO DE SOLICITUDES PARA ACCEDER ÁS AXUDAS DO RENOVE AUTOMOCIÓN

04/01/2022

- Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.
- As axudas poderán aplicarse aos vehículos adquiridos desde o pasado 1 de xaneiro.
- O Goberno autonómico impulsará con este programa a compra de ao redor de 1100 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.

APERTURA ESTA SEMANA DE NOVAS AXUDAS PARA FOMENTAR ENTRE PARTICULARES, AUTÓNOMOS, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO E ADMINISTRACIÓNS O AUTOCONSUMO ELÉCTRICO E AS ENERXÍAS RENOVABLES

14/12/2021

- A través dun investimento de 17,2M€, a Xunta espera chegar a 3000 beneficiarios e crear ao redor de 300 empregos.
- Os apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos nun momento de continua escalada de prezos na factura de fogares e tecido empresarial, ademais de xerar emprego e favorecer unha mellora ambiental no obxectivo de contar cunha Galicia cada vez máis verde.
- Estas novas liñas de axudas súmanse ás dirixidas ao autoconsumo e almacenamento enerxético en empresas, polo que o orzamento total co que conta Galicia ascende a 37 millóns de euros.

A XUNTA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDES PARA QUE CONCESIONARIOS E PUNTOS DE VENDA POIDAN SUMARSE COMO ENTIDADES COLABORADORAS AO RENOVE AUTOMOCIÓN

09/12/2021

- O Goberno autonómico apoiará con este programa a adquisición de máis de 1000 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 26 millóns de euros, así como un aforro enerxético anual equivalente a 274.000 litros de gasóleo.
- Os galegos e galegas poderán solicitar as axudas, que poden chegar a 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro.

A XUNTA COLABORA CO CENTRO NACIONAL DE HIDRÓXENO PARA ELABORAR O MAPA DESTA ENERXÍA EN GALICIA

29/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse esta mañá con representantes do organismo para avanzar na constitución desta ferramenta que axudará a consolidar á Comunidade como polo enerxético innovador.
- O Goberno galego recibiu este ano 54 propostas na manifestación de interese que dirixiu a iniciativas asociadas á cadea de valor industrial do hidróxeno renovable para identificar os seus potenciais usos.
- A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Enerxético de Galicia, convocará o vindeiro ano unha nova liña de axudas para colaborar en proxectos con aplicacións industriais que favorezan o uso desta tecnoloxía.
 

A XUNTA DESTACA O PAPEL DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS NA APOSTA POLO AUTOCONSUMO E A REDUCIÓN DA FACTURA ENERXÉTICA

23/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, interveu, esta mañá, nun webinario informativo sobre as axudas en materia de autoconsumo e almacenamento enerxético, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ás que a Xunta reserva 31,3M€.
- Prevese unha mobilización de 88M€ e unha redución da factura enerxética anual de 9,6M€.
- Asegura que estes apoios serán claves para reducir o impacto dos prezos enerxéticos na competitividade empresarial e na economía familiar, así como para promover a sustentabilidade.

GALICIA DISPÓN DE 37M€ PARA PROMOVER AS ENERXÍAS RENOVABLES, O AUTOCONSUMO E O ALMACENAMENTO ENERXÉTICO

10/11/2021

- O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 17,2M€ dirixida a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas que abre hoxe o prazo de adhesión para as entidades colaboradoras.
- Continúan abertas as axudas de autoconsumo e almacenamento dirixidas ás empresas para as que se reservan 19,8M€.

O INEGA SUMA EN 2022 PRETO DE 54M€ PARA AVANZAR CARA A UNHA GALICIA SOSTIBLE A TRAVÉS DAS RENOVABLES E A EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, compareceu hoxe no Parlamento galego para presentar os orzamentos do Inega para o próximo ano.
- As contas do organismo dependente da Vicepresidencia económica da Xunta increméntanse preto dun 39% con respecto a esta anualidade.
- Destina 17 millóns de euros ao fomento de investimentos en proxectos de autoconsumo eléctrico e almacenamento dirixidos a familias, pemes e autónomos.
- O Goberno galego traballa para que Galicia se consolide como un polo enerxético innovador, con especial impulso ao hidróxeno verde, así como á implantación de novas tecnoloxías que supoñan unha consolidación de emprego no tecido empresarial.

|< << 3 4 5 6 7 >> >>> >|