INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas

Novas

A XUNTA DESTINARÁ 2,4M€ A INSTALACIÓNS XEOTÉRMICAS DENTRO DA LIÑA DE APOIOS PARA PROXECTOS RENOVABLES DE USO TÉRMICO

04/11/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela nunha xornada centrada na rehabilitación enerxética e as novas instalacións renovables co foco na xeotermia.

- Destacou o papel decisivo dos fondos europeos Next Generation como motor da transformación dixital e sustentable do tecido produtivo galego.

A XUNTA CONFÍA NA CAPACIDADE E POTENCIAL DE GALICIA PARA POSICIONARSE COMO REXIÓN REFERENTE EN XERACIÓN RENOVABLE

27/10/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nunha xornada en Ourense sobre enerxías limpas na que informou de que o Goberno galego vén de ampliar as axudas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética en empresas ata os 31 M€.

A XUNTA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE SOLICITUDE DOS NOVOS APOIOS DESTINADOS A FOMENTAR O AUTOCONSUMO E O ALMACENAMENTO ENERXÉTICO NAS EMPRESAS

20/10/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, interveu, esta mañá, nun webinario informativo sobre estas axudas, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ás que se destinan 19,8M€.
- Prevese unha mobilización de 60M€, así como aforros anuais de 65.000MWh, unha redución de emisións equivalente a 1.150.000 árbores e aforros económicos de 7 millóns de euros ao ano na factura enerxética.
- Asegura que estes apoios serán claves para reducir o impacto dos prezos enerxéticos na competitividade empresarial e para promover a sustentabilidade.
- A directora xeral tamén participou nun webinario sobre minaría sostible no que puxo en valor o esforzo das empresas galegas do sector por conseguir as certificacións en Xestión Mineira Sostible.

GALICIA DESTINA 19,8 M€ AO AUTOCONSUMO E ALMACENAMIENTO ENERXÉTICO PARA CONSEGUIR AFORROS ANUAIS DE 7M€ NAS FACTURAS DAS EMPRESAS

06/10/2021

- As novas liñas de axuda da Xunta, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, abrirán o prazo de presentación de solicitudes o vindeiro 21 de outubro.
- A porcentaxe dos apoios, segundo o tamaño da empresa, do proxecto e da tecnoloxía, irá do 15% ao 65%.
- Prevese unha mobilización de 60M€, así como aforros anuais de 65.000MWh e unha redución de emisións equivalente a 1.150.000 árbores.
- As axudas permitirán que as empresas consigan rebaixar a súa factura eléctrica nun momento na que a escalada de prezos está afectando á competitividade empresarial.

A XUNTA DESTACA A OPORTUNIDADE QUE SUPÓN O HIDRÓXENO VERDE PARA ABORDAR OS DESAFÍOS DA TRANSICIÓN DIXITAL E ENERXÉTICA EN GALICIA

23/09/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Ferrol na xornada Hidróxeno verde en Galicia.
- Subliña que a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation centra un dos seus obxectivos na produción desta tecnoloxía renovable, peza clave na descarbonización e a reactivación económica.

A XUNTA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES PARA AS EMPRESAS DE VENTA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS E AS DE IMPLANTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS DE RECARGA QUE QUEIRAN COLABORAR CO PROGRAMA MOVES III

05/08/2021

 - Os concesionarios e instaladores poderán presentar as súas peticións de adhesión como entidades colaboradoras a partir de mañá, venres 6 de agosto.
- Os particulares, comunidades de propietarios, autónomos, empresas e entidades locais poderán solicitar as axudas do programa a partir do 13 de setembro, que se concederán por orde de chegada.
- Os apoios para a compra de automóbiles poderán acadar os 9000 euros e nesta convocatoria duplícase ata o 80% a porcentaxe máxima de axudas para a instalación de puntos de recarga.

A XUNTA PON EN MARCHA O TERCEIRO PLAN MOVES, DOTADO CON PRETO DE 32 MILLÓNS DE EUROS, PARA A COMPRA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS E A INSTALACIÓN DE PUNTOS DE RECARGA

29/07/2021

- O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, precisa que estas axudas están dirixidas a particulares, comunidades de propietarios, empresas, entidades locais e administracións públicas.
- Destaca que as previsións tras a execución do plan prevén mobilizar preto de 98 millóns de euros, un aforro económico de 2,3 millóns anuais en custos de combustible e unha redución do CO2 equivalente a 186.000 árbores.

A XUNTA AVALÍA CO SECTOR PESQUEIRO E INDUSTRIAL OS PLANS DE ORDENACIÓN DO ESPAZO MARÍTIMO ANTES DE PRESENTAR AO GOBERNO AS SÚAS ALEGACIÓNS SOBRE O DESENVOLVEMENTO FUTURO DA EÓLICA MARIÑA

28/07/2021

- O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde na reunión do pleno do Observatorio da eólica mariña.
- O Observatorio contará cunha páxina web onde se recolla a súa actividade, unha ferramenta para favorecer a participación e o diálogo aberto.
- O Goberno galego aposta polo consenso e a transparencia con todos os actores implicados para que calquera proxecto que se aprobe no mar sexa compatible coas actividades marítimo-pesqueiras e respecte o medio ambiente e as costas galegas.

A XUNTA IMPULSA O USO DE ENERXÍAS RENOVABLES EN 94 EDIFICOS PÚBLICOS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

05/07/2021

- A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, informou hoxe destas actuacións nas que se investirán 6,05M€ e que permitirán aforrar 400.000 euros ao ano na factura enerxética.
- Entre os proxectos que se levarán a cabo destacan as actuacións en catro hospitais, 35 centros de saúde e 39 edificios educativos.
- Enmárcanse na Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público autonómico e dan continuidade aos 5,18M€ investidos nos dous últimos anos en actuacións en centros educativos, sociais, turísticos, administrativos e sanitarios.

A XUNTA ENSALZA O COMPROMISO DE SOTAVENTO NO DESENVOLVEMENTO DAS ENERXÍAS RENOVABLES EN GALICIA A TRAVÉS DA I+D+i E A PEDAGOXÍA

21/06/2021

- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe ao 20 aniversario do parque.
- Conde salientou o “frutífero labor” realizado nas instalacións de Xermade, consolidándose como un espazo de experimentación e escaparate dos avances tecnolóxicos que se foron dando no sector eólico e das enerxías limpas.
- A Xunta investirá 6 millóns de euros en proxectos con enerxías renovables en 94 edificios públicos como hospitais, centros de saúde e educativos e albergues.

|< <<< << 4 5 6 7 8 >> >>> >|