16/03/2009
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2009.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), organizou durante os días 12-13 de marzo, unhas xornadas de debate enmarcadas no programa europeo Proyecto Life:Biosofc nas que máis de 100 espertos vindos de diferentes lugares do Estado español debateron sobre a necesidade de aproveitar o gran potencial de biogás, transformándoo en enerxía de forma pouco contaminantes.
Técnicos da administración pública, enxeñerías relacionadas coas enerxías renovábeis, cooperativas e sociedades gandeiras e agroalimentarias, coincidiron en que neste momento a produción de enerxía, pasa polo aproveitamento do biogás e as pilas de combustible. Asemade, neste encontro, tratáronse aspectos relacionados coa limpeza do biogás para poder inxectalo nos gasodutos e para o seu uso en pilas de combustible.
Para os técnicos/as do Inega, estas xornadas adquiren un especial releve para o intercambio de coñecementos relacionados coas novas tecnoloxías a nivel internacional.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), seguirá traballando nesta liña para que nos vindeiros meses se poida organizar un novo encontro sobre as novas tecnoloxías renovábeis e de respecto ao medio ambiente.