04/03/2008
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou esta mañá en Santiago, na véspera do Día Mundial do Aforro e Eficiencia Enerxética, o programa de axudas de aforro e eficiencia enerxética e enerxías renovábeis do seu departamento para este ano 2008. Segundo informou o titular nacionalista, en presenza do director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, e do novo director do INEGA, Juan Álvarez, os recursos de ambos conceptos increméntanse por riba do 30% con respecto aos destinados o pasado exercicio; un 846% sobre 2005 no caso das axudas a aforro e eficiencia e un 164%, tamén sobre 2005, no caso das enerxías renovábeis. En conxunto, en 2008 a Consellería de Innovación e Industria multiplica por seis os recursos de aforro, eficiencia e enerxías renovábeis existentes hai tres anos. O Instituto Enerxético de Galicia tramitará todas as liñas de axuda, que se convocarán mediante unha única orde, logo de que se centralizase a súa xestión no devandito organismo, por vez primeira, o pasado ano 2007.
08/01/2008
Liña de axudas á compras de vehículos novos eléctricos ou híbridos (con capacidade de tracción eléctrica ao 100% mediante baterías).A modernización do parque automobilístico de turismos para aproveitar as vantaxes da maior eficiencia enerxética dos vehículos novos alimentados con enerxías alternativas ás convencionais (gasolina e gasóleo).
Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada residentes ou radicadas na Comunidade autónoma de Galicia.