
SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 PARA PROXECTOS DE REDES DE DISTRIBUCIÓN DE CALOR CON BIOMASA PARA AS ADMINISTRACIÓNS LOCAL, AUTONÓMICA E EMPRESAS
A continuación describense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, ainda que a información que considerarase oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2014-2020
(DOG do 18 de abril do 2017).
RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por grupos de beneficiarios, recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (
DOG do 4 de agosto do 2017).
Relación de axudas concedidas para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa financiados con fondos Feder 2017-2018.
RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 24 da Resolución do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa para os anos 2017-2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 74, do 18 de abril de 2017).(
DOG do 11 de setembro de 2018).
Concepto
Regular a concesión de subvencións, en réximen de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipos térmicos de biomasa nun esquema de xeración centralizada e distribución da enerxía térmica mediante redes, executados en Galicia para a Administración pública e empresas.
Presentación de solicitudes
Prazo para a presentación das solicitudes
- Inicio: 19 de abril do 2017
- Fin: 18 de maio do 2017
So se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán as solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Para a presentación das solicitudes poderá emplearse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Beneficiarios
Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes e Universidades do Sistema Universitario Galego.
c) Empresas legalmente constituidas.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas dos sectores excluidos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.2, entre as que figuran:
a. As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.
b. As empresas que operan en la produción primaria de produtos agrícolas que figuran na listaxe do anexo I do tratado.
c. Aquells que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
- Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
- Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma se repercute aos produtos primarios
Intensidade de axudas e contías máximas
A contía máxima da axuda terá as seguientes intensidades por beneficiario:
Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda
- Entidades locais e entidades dela dependentes: 80%
- Sector público autonómico e Universidades do Sistema Universitario Galego: 80%
- Empresas, 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.
A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 €
Acceso á aplicación
Clique no seguinte enlace para "Iniciar presentación electrónica na Sede" da Xunta e proceder á cumprimentación/presentación da solicitude.
Prazo de Xustificación
O prazo límite para a execución das inversións vinculadas aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa das inversións será o 30 de setembro de 2018.
Modelos de documentos
- Memoria técnica
Modelos de documentos para a xustificación da inversión
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)