INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 PARA PROXECTOS DE INSTALACIÓNS DE FOTOVOLTAICA NAS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS

A continuación se describen brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 25 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de instalación de fotovoltaica nas comunidades de propietarios (DOG núm.: 88, do 9 de maio de 2017).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de instalacións fotovoltaicas nos edificios das comunidades de propietarios, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta Resolución (IN421M).

Presentación das solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes

Inicio: 10 de maio de 2017.

Fin: 9 de xuño de 2017.

 So se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán as solicitudes a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Acceso á aplicación

Clique no seguinte enlace para "Iniciar presentación electrónica na Sede" da Xunta e proceder á cumprimentación/presentación da solicitude.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios as comunidades de propietarios/as que leven a cabo as instalacións fotovoltaicas establecidas no artigo 5 destas bases nas vivendas nas que sexan titulares do subministro eléctrico e que estean ubicadas dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, ós membros da comunidade de propietarios/as que incorran en unha ou varias destas prohibición establecidas no parágrafo anterior, non se atribuirá a ditos propietarios a parte proporcional que lle correspondería da subvención recibida, que se rateará entre os restantes membros da comunidade.

3. Destinarase o importe íntegro da subvención ao pago das correspondentes actuacións. Tanto o importe integro da subvención como o custe das obras, debe repercutirse nos propietarios das vivendas e locais,  de conformidade coas regras previstas na lexislación de Propiedade Horizontal.

Intensidade de axudas e contías máximas

A contía da subvención será do 50 % do custe elixible da  instalación.

A contía máxima de subvención será de 60.000 euros por proxecto.

Prazo de Xustificación

O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa das inversións será ó 16 de outubro de 2017.

Modelos documentos

- Memoria técnica

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.