A continuación descríbense brevemente as características principais desta línea de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións IN421H-IN421I (DOG del 30 de xaneiro do 2018).
Beneficiarios
Dotación da Axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Grupo A1-A2-B1 e Grupo B2-B3 en zonas densamente poboadas. Biomasa | 3.580.000 € | Propios |
Grupo B2-B3 en zonas non densamente poboadas. Biomasa | 1.840.000 € | FEADER |
Xeotermia | 500.000 € | Propios |
Aerotermia e Solar | 500.000 € | Propios |
Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2018.
ADHESIÓN ENTIDADES COLABORADORAS
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.
Solvencia técnica con medios tecnolóxicos que garanticen o acceso á aplicación informática habilitada para a tramitación de solicitudes
S.O. Windows
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Edge, Firefox, Chrome
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado a última versión de Java e Autofirma para Windows (32 bits o 64 bits).
S.O. MAC
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado Autofirma para Mac.
S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado Autofirma para Linux.
Prazo adhesión Entidades Colaboradoras
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.
Modos de adhesión Entidades Colaboradoras
Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de biomasa particulares 2017 e que non sufriran ningunha modificación. Usuario e contrasinal da edición anterior.
Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: O solicitante crea un usuario (NIF da empresa) e contrasinal que se xera a primeira vez que accede.
PRESENTACIÓN SOLICITUDES BENEFICIARIOS
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.
Intensidade da axudas e contía máxima
A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 4.2 das bases da convocatoria.
- A intensidade máxima da axuda será do 50%.
- A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.
Documentación complementaria
- Modelo documento representación
- Modelo declaración outras axudas
- Memoria técnica Bomba de Calor
- Memoria técnica Solar Fotovoltaica
- Memoria técnica Solar Térmica
- Modelo de certificado fin de obra
Só para Biomasa FEADER: Zonas consideradas densamente poboadas segundo a clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística). Consultar a listaxe.
Mais información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981541500.