A continuación descríbense brevemente as características principais desta línea de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada Resolución do 11 de decembro de 2018, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, anúnciase a convocatoria anticipada para o ano 2019 e procédese a selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I) (DOG do 7 de xaneiro do 2019).
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e
ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2019 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I). (DOG do 11 de febreiro do 2019).
Beneficiarios
Dotación da Axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Grupo B2-B3 en zonas non densamente poboadas. | 1.044.000 € | FEADER |
Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2019.
ADHESIÓN ENTIDADES COLABORADORAS
Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
Solvencia técnica con medios tecnolóxicos que garanticen o acceso á aplicación informática habilitada para a tramitación de solicitudes
S.O. Windows
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Edge, Firefox, Chrome.
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado a última versión de Java e Autofirma para Windows (32 bits o 64 bits).
S.O. MAC
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome.
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado Autofirma para Mac.
S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)
· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome.
· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
· Ter instalado Autofirma para Linux.
Prazo adhesión Entidades Colaboradoras
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Biomasa Particulares 2019.
Modos de adhesión Entidades Colaboradoras
Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de biomasa particulares 2018 e que non sufriran ningunha modificación. Usuario e contrasinal da edición anterior.
Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: O solicitante crea un usuario (NIF da empresa) e contrasinal que se xera a primeira vez que accede.
PRESENTACIÓN SOLICITUDES BENEFICIARIOS
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de subvención
Intensidade da axudas e contía máxima
A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 4.2 das bases da convocatoria.
- A intensidade máxima da axuda será do 50%.
- A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.
Documentación complementaria
- Anexo IV documentación de representación
- Anexo V compromisos membros agrupación persoas físicas
- Anexo IX declaración outras axudas
- Certificado finalización da obra
Biomasa FEADER: Zonas consideradas densamente poboadas segundo a clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística). Consultar a listaxe.
Mais información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981541500.