INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES PARA O ANO 2019

A continuación  descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución de 21 febreiro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares e na Resolución de 21 de febreiro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2019. Código de procedemento IN421N (DOG do 5 de marzo do 2019).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica destinadas a particulares, para o ano 2019. (DOG do 6 de marzo do 2019).

Adhesión Entidades Colaboradoras

Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
 
Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:

a)    Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios (procedemento IN609E).

b)    Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
 
•    http://oficinavirtualindustria.xunta.es/rgi/rgi_consultaspublicas.aspx
•    https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/RII/consultaspublicas/consultadatos.aspx

 Prazo adhesión Entidades Colaboradoras

  • Inicio solicitude: 6 de marzo de 2019.
  • Fin solicitude: 12 de marzo de 2019 (incluído).

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2019.

Modos de adhesión Entidades Colaboradoras

Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de proxectos de enerxías renovables destinados a particulares 2018 e que non sufriran ningunha modificación. O usuario e contrasinal para acceder na aplicación informática serán os outorgados na convocatoria 2018.

Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: a primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación informática asignarase un usuario (NIF da entidade) e un contrasinal e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.

Nota Importante
: Para aqueles solicitantes que sexan entidade colaboradora no procedemento IN421H (Proxectos de biomasa para particulares para o ano 2019) e marquen no anexo da solicitude a casilla: “Estou adherido ao procedemento de selección de entidades colaboradoras que participan na xestión das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas con fondos Feader (IN421H), para o ano 2019, e autorizo a consulta da información que obra no expediente...” non será preciso que presente a documentación complementaria da solicitude.

Subvencións ano 2019 para proxectos de enerxía solar fotovoltaica destinadas a particulares - IN421O

A continuación  se describen brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que  a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 21 de febreiro de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica destinadas a particulares IN421O (DOG do 5 de marzo de 2019).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2019 (DOG do 12 de marzo de 2019).

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2019 (DOG do 5 de abril de 2019).

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2019. (DOG do 27 de agosto de 2019).

Subvencións concedidas a proxectos de enerxía solar fotovoltaica destinadas a particulares.


Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases se tramitarán e se resolverán por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.

Beneficiarios

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades o Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na  Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da Axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Solar Fotovoltaica 1.450.000 € Propios

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das  enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e la data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2019.

Para todas as solicitudes de axuda que se lles notificase a resolución de concesión a partir do 1 de agosto o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 31 de outubro de 2019.

Presentación solicitudes beneficarios

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación  electrónica.

  • Inicio solicitude: 15 de abril de 2019.
  • Fin solicitude: 1 de Xullo de 2019 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.

 

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes

Manual de usuario para a cumprimentación/presentación de solicitudes

Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento

  • Solicitude de axuda - anexo II.
  • Autorización para a representación - anexo III.
  • Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) cuberta na súa totalidade.
  • Tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da  actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.

As solicitudes que non teñen o contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

Intensidade da axuda e contía máxima

  • A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no  artigo 5 das bases da convocatoria. . El coste elegible máximo por vivienda será de 8.000 €.
  • A intensidade máxima da axuda será do 50%.
  • A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €.

Documentación complementaria solicitude

Mais información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.