A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 26 de abril de 2019).
RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2019 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 22 de agosto de 2019).
RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 24 da Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados del programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril). (DOG do 2 de outubro de 2019).
RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas e proxectos integrais de aforro e eficiencia enerxética para as universidades públicas de Galicia, para os anos 2019 e 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.(DOG do 20 de abril do 2020).
Obxeto
Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para á Administración local, entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, empresas e autónomos.
Presentación de solicitudes
Prazo para a presentación das solicitudes
Só se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Beneficiarios
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A, e en concreto, as clases desde a 1.11 á 02.40, ambas excluídas.
Intensidade de axudas e contías máximas
Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda
- Entidades locais: 80%
- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica): 80%
- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.
Tendo en conta que na presente convocatoria aplícase a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) núm. 651/2014 como axudas ao investimento para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.6.b), para as tipoloxías de biomasa tipo B e para os proxectos de aerotermia e xeotermia establecese como redución, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa dos custes elixibles de biomasa, valores que están establecidos en función da potencia da instalación. Para as tipoloxías A de biomasa, a redución será dun 20% sobre os valores dos seus custes elixibles máximos, reducións que tamén serán aplicables aos proxectos de enerxía solar térmica.
A contía máxima da axuda por proxecto de biomasa será de 250.000 €. En proxectos de aerotermia e xeotermia a axuda máxima será de 100.000€, e en solar térmica de 15.000€.
Prazo de execución e xustificación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2019.
Modelos de documentos
- Memoria técnica Bombas de Calor Xeotérmica e Aerotermia
- Memoria técnica Solar Térmica
- Modelo outorgamento de representación
- Certificado de obra sistema de captación Xeotérmica
Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Modelo obrigatorio de publicidade
- Memoria xustificación publicidade
- Modelo Informe técnico da actuación realizada
Acceso á aplicación informática
Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.