A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a tódolos efectos será a publicada na Resolución do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 16 de maio de 2019).
RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2019 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 24 da Resolución do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia la convocatoria de subvenciones para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2019, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio). (DOG do 2 de outubro de 2019).
RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2020 pola que se da publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 20 de abril do 2020).
Concepto
Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que empreguen como fonte enerxética a enerxía fotovoltaica executados en Galicia, para a Administración local, entidades sen ánimo de lucro, empresas, autónomos e Universidades Públicas de Galicia.
Presentación de solicitudes
Prazo para a presentación das solicitudes
Só se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Beneficiarios
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A, concretamente as clases dende a 1.11 á 02.40, ámbalas dúas excluídas.
Intensidade de axudas e contías máximas
Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda
- Entidades locais: 80%
- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que no realicen actividade económica): 80%
- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 25%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.
A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €. En universidades a contía máxima por proxecto será de 400.000 €, mentres que nas entidades locais 25.000 € e entidades sen ánimo de lucro 10.000 €.
Prazo de execución e xustificación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2019.
Modelos de documentos
- Outorgamento de representación
- Memoria técnica Fotovoltaica - Folla de cálculo co balance enerxético
Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Modelo obrigatorio de publicidade
- Memoria xustificación publicidade
- Modelo Informe técnico da actuación realizada
Acceso á aplicación informática
Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.