INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

SUBVENCIONS ANO 2020 PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES E SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DESTAS SUBVENCIÓNS IN421H-IN421I

A continuación  descríbense brevemente as características principais desta línea de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada Resolución do 18 de decembro de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, anúnciase a convocatoria anticipada para o ano 2020 e procédese a selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións  (IN421H, IN421I) (DOG do 23 de xaneiro do 2020).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (códigos de procedemento IN421H e IN421I). (DOG do 30 de xaneiro do 2020).

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda establecido no artigo 3.3 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), e se insta a continuación da tramitación do procedemento de
concesión destas subvencións. (DOG do 8 de maio de 2020).

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda establecido no artigo 3.3 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), e se insta a continuación da tramitación do procedemento de concesión destas subvencións. (DOG do 8 de xuño de 2020).

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade da resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020). (DOG do 9 de xullo de 2020).

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 5 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 d e xaneiro). (DOG do 29 de setembro do 2020).

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se modifica o anexo da Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), (código de procedemento IN421I). (DOG do 24 de decembro do 2020). Consultar a listaxe.

Consultar a listaxe de axudas concedidas e proxectos en lista de agarda.

Beneficiarios 

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da Axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Grupo B2-B3 en zonas non densamente poboadas. 948.342,00 € FEADER

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2020.

ADHESIÓN ENTIDADES COLABORADORAS

Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.

Consultar o modelo de convenio de adhesión. Este documento é válido só para efectos informativos.

 
Deberán estar dados de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalación térmicas en edificios (procedemento  IN609E).
 
  • http://oficinavirtualindustria.xunta.es/rgi/rgi_consultaspublicas.aspx
  • https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/RII/consultaspublicas/consultadatos.aspx

Solvencia técnica con medios tecnolóxicos que garanticen o acceso á aplicación informática habilitada para a tramitación de solicitudes

  • Equipo informático. 
  • Conta de correo electrónico "operativa".
  • Dependendo do Sistema Operativo instalado:

S.O. Windows 

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Edge, Firefox, Chrome.

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado a última versión de Java e Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits). 

S.O. MAC 

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome.

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado Autofirma para Mac.

S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome.

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado Autofirma para Linux.

Prazo adhesión Entidades Colaboradoras

  • Inicio solicitude: 24 de xaneiro de 2020.
  • Fin solicitude: 13 de febreiro de 2020 (incluido).

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Biomasa Particulares 2020.

Modos de adhesión Entidades Colaboradoras

Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de biomasa particulares 2019 e que non sufriran ningunha modificación. Usuario e contrasinal da edición anterior.

Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: O solicitante crea un usuario (NIF da empresa) e contrasinal que se xera a primeira vez que accede.

PRESENTACIÓN SOLICITUDES BENEFICIARIOS

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación  electrónica.

  • Inicio solicitude: 14 de febreiro de 2020.
  • Fin solicitude: 16 de marzo de 2020 (incluido).

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Intensidade da axudas e contía máxima 

A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 4.2 das bases da convocatoria.

- A intensidade máxima da axuda será do 50%.

- A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

Documentación complementaria

- Memoria técnica Biomasa

- Anexo IV documentación de representación

- Anexo V compromisos membros agrupación persoas físicas

- Anexo VI renuncia

- Anexo IX declaración outras axudas

- Certificado finalización da obra

- Anexo declaración sobre ofertas

Biomasa FEADER: Zonas consideradas densamente poboadas segundo a clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística). Consultar a listaxe

Mais información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981541500.