INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2020 PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES - IN421O

A continuación  se describen brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que  a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 18 de decembro de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica destinadas a particulares IN421O.(DOG do 23 de xaneiro de 2020).

CORRECIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2020. (DOG do 6 de febreiro de 2020).

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade da resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o cumprimento do disposto no artigo 10 das bases da convocatoria de subvencións, realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020) (código de procedemento IN421O).(DOG do 23 de setembro do 2020). Consultar a Listaxe de persoas beneficiarias e axudas concedidas.

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020).(DOG do 29 de setembro do 2020).

Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases se tramitarán e se resolverán por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.

Beneficiarios

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na  Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da Axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Solar Fotovoltaica 2.000.000 € Propios

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das  enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e la data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2020.

Presentación solicitudes beneficarios

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación  electrónica.

  • Inicio solicitude: 3 de marzo de 2020.
  • Fin solicitude: 1 de Xullo de 2020 (incluído), ou ata esgotamento de crédito.

 

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes

Manual de usuario para a cumprimentación/presentación de solicitudes

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2020.

Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento

 

As solicitudes que non teñen o contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

Intensidade da axuda e contía máxima

  • A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no  artigo 5 das bases da convocatoria.
  • A intensidade máxima da axuda será do 50%.
  • A contía máxima da axuda por proxecto será de 25.000 €.

Documentación complementaria solicitude

Mais información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.