A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución de 28 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares e na Resolución de 28 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2021. Código de procedemento IN421N. (DOG do 18 de xaneiro do 2021).
Adhesión Entidades Colaboradoras
Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2021.
Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
a) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios (procedemento IN609E).
b) Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
• https://oficinavirtualindustria.xunta.gal/RUE-Portal/buscador/empresas
• https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/RII/consultaspublicas/consultadatos.aspx
Prazo adhesión Entidades Colaboradoras
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.
Modos de adhesión Entidades Colaboradoras
Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de proxectos de enerxías renovables destinados a particulares 2020 e que non sufriran ningunha modificación. O usuario e contrasinal para acceder na aplicación informática serán os outorgados na convocatoria 2020.
Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: a primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación informática asignarase un usuario (NIF da entidade) e un contrasinal e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.
Mais información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.