INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2021 PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P

A continuación  se describen brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que  a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de decembro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares IN421P. (DOG do 18 de xaneiro do 2021).

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 28 de decembro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro de 2021).(DOG do 29 de setembro de 2021).

Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases se tramitarán e se resolverán por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.

Beneficiarios

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades o Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Biomasa 1.950.000 € Propios
Xeotérmica 600.000 € Propios
Aerotérmica 500.000 € Propios
Solar térmica 50.000 € Propios

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das  enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2021.

Para aquelas solicitudes de axuda ás que se notificara a resolución de concesión con posterioridade ao 1 de xullo, estenderase o prazo de execúción e xustificación ata o 25 de outubro de 2021.

Presentación solicitude beneficiarios

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación  electrónica.

TIPOLOXÍA INICIO SOLICITUDE
Biomasa 1 de marzo as 9.00h
Aerotermia 2 de marzo as 9.00h
Xeotermia 5 de marzo as 9.00h
Solar térmica 5 de marzo as 9.00h

 

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.

Fin solicitude: 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2021.

Manual de usuario para a cumprimentación/presentación de solicitudes

Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento

Intensidade da axuda e contía máxima

  • A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no  artigo 5 das bases da convocatoria.
  • A intensidade máxima da axuda será do 50%, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30%.
  • A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

Documentación complementaria solicitude

Mais información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 510, 981 541 524, 981 541 530 (Biomasa) e 981 541 526 (Xeotermia).