INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2021 PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES. EDICIÓN 2021. PROCEDEMENTO IN421O

A continuación descríbense as características principais desta liña de axudas, ainda que a información que se considerará oficial e válida, para todos os efectos, será a publicada no DOG número 10, do 18 de xaneiro de 2021, na Resolución de 28 de decembro de 2020, pola que se aproban as Bases reguladoras.(DOG do 18 de xaneiro do 2021).

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 22 da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro). (DOG do 29 de setembro do 2021).

RESOLUCIÓN do 14 de febrero de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O). (DOG do 23 de febreiro do 2022).

As ditas axudas se tramitan en rexime de concorrencia non competitiva, polo que as solicitudes presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nas Bases,  resolveránse por orde de entrada no rexistro, ata agotar o crédito dispoñible.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2021.

BENEFICIARIOS

Persoas físicas, comunidades e mancomunidades de veciños ou agrupacións de persoas físicas -sen personalidade xurídica- titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, sito na CCAA de Galicia.

DOTACIÓN DA AXUDA

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Solar Fotovoltaica 2.000.000 € Propios

PERIODO DE ACTUACIONS SUBVENCIONABLES

Dado o carácter incentivador, o período de execución das inversión comeza unha vez presentada a solicitude da axuda, e remata o 30 de setembro de 2021.

Para aquelas solicitudes de axuda ás que se notificara a resolución de concesión con posterioridade ao 1 de xullo, estenderase o prazo de execúción e xustificación ata o 25 de outubro de 2021.

PRESENTACION SOLICITUDES

TELEMÁTICA, mediante as Entidades Colaboradoras adheridas (procedemento IN421N).

  • Inicio: 3 de marzo de 2021.
  • Fin: 1 de xullo de 2021.

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.

DOCUMENTACION MINIMA NECESARIA PARA A RESERVA DE FONDOS E INICIO DO PROCEDEMENTO

INTENSIDADE DA AXUDA E CONTÍA MÁXIMA

  • A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema, de conformidade co disposto no artigo 5 das Bases da convocatoria.
  • A intensidade máxima será do 50% e a contía máxima da axuda por proxecto será de 25.000 €.

OUTROS DOCUMENTOS

Mais información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 534, 981 541 519 e 981 541 530.