INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2021 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA ADMINISTRACIÓN LOCAL, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, ainda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020.  (DOG do 25 de maio de 2021).

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia (código de procedemento IN421G).(DOG do 20 de decembro de 2021).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de decembro de 2021 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia (código de procedemento IN421G).(DOG do 21 de decembro de 2021).

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G). (DOG do 25 de febreiro do 2022).

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 27 da Resolución do 11 de maio de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G). (DOG do 25 de maio do 2022).

Obxeto

Regular a concesión de subvencións, en réximen de concurrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a biomasa, a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para a Administración local, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes
•    Inicio: dende o día 26 de maio de 2021
•    Fin: 25 de xuño de 2021

Só se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras. 

Beneficiarios

Podrán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e as entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) As empresas legalmente constituidas e autónomos.
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluidos do ámbito de aplicación do Reglamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.3, entre as que figuran:
 
a)   As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Reglamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.
b)   Aquelas que operan na transformación e comercialización dos productos agrícolas:
•    Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
•    Cando a axuda esté supeditada a que unha parte ou a totalidade desta repercutise aos produtos primarios.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluidas na sección A, concretamente as clases dende a 1.11 á 02.40, ambas excluidas.

Intensidade das axudas e cuantías máximas

A cuantía máxima da axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación e tendrá as siguientes intensidades por beneficiario:

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda    
- Entidades locais: 80%   
- Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica): 80%
- Empresas, a suas agrupacións e asociacións, así coma entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

Tendo en conta que na presente convocatoria se aplica a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) nº 651/2014 como axudas a inversión para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.6.b), para as tipoloxías de biomasa tipo B e para os proxectos de aerotermia e xeotermia establecese como reducción, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa dos costes elexibles de biomasa, valores que están establecidos en función da potencia da instalación. Para as tipoloxías A de biomasa, a reducción será dun 20% sobre os valores dos seus costes elexibles máximos, reduccións que tamén serán aplicables aos proxectos de enerxía solar térmica.

A cuantía máxima da axuda por proxeto de biomasa será de 250.000 €. En proxetos de aerotermia e xeotermia a axuda máxima será de 100.000 €; e en solar térmica será de 15.000 €.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para executar o proxeto e presentar a documentación xustificativa das inversións será o 15 de setembro de 2022.

Modelos de documentos

- Otorgamento de representación
- Memoria técnica Biomasa
- Memoria técnica Bombas de Calor Xeotermia e Aerotermia
- Memoria técnica Solar Térmica
- Anexo - Renuncia
- Informe técnico da actuación realizada

Modelos de documentos para a xustificación da inversión

- Modelo obrigatorio de publicidade

- Memoria de publicidade

Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 512, 981 541 530 (Biomasa e Solar) e 981 541 519 (Aerotermia e Xeotermia).