A continuación descríbense brevemente as características principais desta líña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución de 25 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvención de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2021-2022 cofinanciadas polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020 (IN421S). (DOG do 7 de xullo do 2021).
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para os anos 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S). (DOG do 28 de decembro do 2021).
RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2021-2022, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S). (DOG do 25 de febreiro do 2022).
RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 25 da Resolución do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S). (DOG do 20 de maio do 2022).
A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.
Beneficiarios
Dotación orzamentaria
Beneficiarios | Anualidade 2021 | Anualidade 2022 | Aplicación Orzamentaria |
---|---|---|---|
Empresas | 3.300.000 € | 875.000 € | 06.A3.733A.770.7 |
Administración Local | 100.000 € | 100.000 € | 06.A3.733A.760.8 |
Entidades sen ánimo de lucro | 100.000 € | 25.000 € | 06.A3.733A.781.7 |
Total | 3.500.000 € | 1.000.000 € | 4.500.000 € |
Período de actuacións subvencionables
Presentación solicitudes
Prazo para a presentación solicitudes:
Inicio: 16 de xullo de 2021 ás 9:00 horas.
Fin: 1 de decembro de 2021 (incluído).
So se admitirá a tramitación electrónica.
Os interesados presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios e presentalos electrónicamente xunto ca documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de axuda.
Documentación mínima necesaria para a tramitación da solicitude
Proxectos que se subvencionan
Intensidade da axuda e cantidade máxima
Beneficiarios | Porcentaxe máximo de axuda |
---|---|
Entidades locais | 80% |
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 80% |
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 5 puntos porcentuais. | 20% |
Modelos de documentos
Máis información
Para solicitar mais información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 534, 981 957 803, 981 541 519 e 981 541 530.