INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES PARA O ANO 2022

A continuación  descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución do 27 de decembro de 2021, pola que  se aproban as bases reguladoras  das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria destas subvencións para o ano 2022.

Códigos de procedemento: IN421N (DOG 18 de xaneiro de 2022).

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas. A listaxe actualizarase automaticamente segundo se remate o proceso de revisión das solicitudes de adhesión presentadas.

Aviso Importante

Detectouse unha incompatibilidade allea ás aplicacións do INEGA entre a última versión dos navegadores Google Chrome e Microsoft Edge (v98) e a ferramenta Autofirma, que impide asinar e presentar electrónicamente.

Ata que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital non publique unha nova versión da aplicación Autofirma, debe utilizarse unha versión inferior destes navegadores ou outro navegador.

Adhesión Entidades Colaboradoras

Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.

Será necesario que as entidades colaboradoras, sexan persoas físicas ou xurídicas, teñan presentado unha declaración responsable como empresas de instalacións térmicas en edificios e que figure inscrita no Rexistro Integrado Industrial do Ministerio competente en materia de enerxía.

 Prazo de adhesión Entidades Colaboradoras

  • Inicio solicitude: 19 de xaneiro de 2022.
  • Fin solicitude: 1 de xuño de 2022.

Modos de adhesión Entidades Colaboradoras

Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das axudas para proxectos de enerxías renovables para uso térmico, destinadas a particulares, para a  anualidade 2021 e que non sufriran ningunha modificación. O usuario e contrasinal para acceder na aplicación informática serán os outorgados na convocatoria 2021.

Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: a primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación informática asignarase un usuario (NIF da entidade) e un contrasinal e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.

Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.

Máis información

Para máis información poden contactar co Inega a través do teléfono:  981 541 510