A continuación se describen brevemente as características principais destas axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 27 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria destas subvenciones para o ano 2022 (Códigos de procedementos: IN421N, IN421P). (DOG do 18 de xaneiro de 2022).
RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria destas subvencións para o ano 2022 (códigos de procedemento IN421N e IN421P). (DOG do 11 de febreiro do 2022).
Ditas axudas serán en réximen de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en plazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.
Aviso Importante
Detectouse unha incompatibilidade allea ás aplicacións do INEGA entre a última versión dos navegadores Google Chrome e Microsoft Edge (v98) e a ferramenta Autofirma, que impide asinar e presentar electrónicamente.
Ata que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital non publique unha nova versión da aplicación Autofirma, debe utilizarse unha versión inferior destes navegadores ou outro navegador.
Beneficiarios
Dotación da Axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Biomasa | 1.500.000 € | Propios |
Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2022.
Presentación solicitude beneficiarios
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
TIPOLOXIA | INICIO SOLICITUDE |
---|---|
Biomasa | 2 de marzo as 9.00h |
Fin solicitude: 1 de xullo de 2022
Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento
- Solicitude de axuda - anexo IV
- Autorización para a representación - anexo V
- Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal)
Intensidade da axuda e contía máxima
- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.
- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.
- A contía máxima por proxecto será de 60.000 €.
Documentación complementaria
- Anexo V - modelo Representación
- Anexo VI - modelo Declaración compromisos membros da agrupación de persoas físicas
Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Mais información
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 524, 981 541 530
- Parte administrativa: 981 541 510