A continuación se describen brevemente as características principais destas axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 20 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede á convocatoria destas subvenciones para o ano 2023 (Códigos de procedementos: IN421N, IN421P). (Códigos de procedimientos: IN421N, IN421P). (DOG do 18 de xaneiro de 2023).
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas. A listaxe actualizarase automaticamente segundo se remate o proceso de revisión das solicitudes de adhesión presentadas.
Beneficiarios
Dotación da axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Caldeiras de Biomasa | 1.500.000 € | Propios |
Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 2 de outubro de 2023.
Presentación solicitude beneficiarios
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
TIPOLOXIA | INICIO SOLICITUDE |
---|---|
Biomasa | 1 de marzo as 9.00h |
Fin solicitude: 29 de xuño de 2023
Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento
- Solicitude de axuda - anexo IV
- Autorización para a representación - anexo V
- Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal)
Intensidade da axuda e contía máxima
- A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no artigo 5 das bases da convocatoria.
- A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación.
- A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.
- Para o cálculo da axuda establecese unha potencia máxima elixible por vivenda de 85 W/m2 por superficie construída que conste na ficha do catastro, (consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais do ben inmoble).
Documentación complementaria
- Anexo V - modelo Representación
- Anexo VI - modelo Declaración compromisos membros da agrupación de persoas físicas
- Anexo X - Declaración otras ayudas
- Informe Técnico actualización realizada
Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para máis información poden contactar co Inega a través dos teléfonos:
- Parte técnica: 981 541 530, 981 541 524
- Parte administrativa: 981 541 510