Inicio solicitude: 13 de xaneiro de 2015
Fin solicitude: 11 de febreiro de 2015
Estado: Pechado o prazo de presentación de solicitudes
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, se ben a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 18 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2015. DOG de 12 xaneiro de 2015.
RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2015 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores da industria e servizos, incluídos na convocatoria anticipada efectuada mediante Resolución do 18 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 6, do 12 de xaneiro de 2015). DOG nº 86 do 8 maio de 2015.
Concepto
Renovación dos equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo ou sistemas auxiliares, equipos e instalacións de produción de calor e frío, sistemas de contabilización/telexestión do consumo de enerxía, instalacións de iluminación interior ou calquera outra actuación que implique, coma mínimo, o aforro enerxético que se indica nas bases de axudas.
Tamén serán subvencionables os custes de implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidades acreditadas e os sistemas de procesado avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados a optimización do consumo enerxético da empresa.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 6.000 euros.
A todos os efectos das bases, considerase proxecto á relación de actuacións que unha empresa leve a cabo nun mesmo enderezo.
Presentación de solicitudes
Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.
Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 8 das bases reguladoras.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.
Prazo para a presentación da solicitude: Dende as 09:00 horas do 13 de xaneiro de 2015 ata as 23:59 horas do día 11 de febreiro de 2015.
Para acceder a aplicación informática dispoñible pinche neste enlace.
Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras da convocatoria das subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos para o ano 2015, calquer notificación realizarase a través de medios electrónicos e en concreto os requerimentos electrónicos realizaranse da seguinte maneira:
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009) e no sector servizos (Seccións G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE-2009). Exceptúase a industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Tamén poderán ser beneficarias as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía situadas en Galicia. Estas deberán achegar unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.
Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día en que presente a solicitude de axuda e 31 de outubro de 2015.
Contía máxima da axuda
A contía da subvención será do 30% do investimento subvencionable, con un máximo de 100.000 € por proxecto.
Prazo de xustificación
O último día para presentar a documentación xustificativa do investimento será o día 31 de outubro de 2015.
Modelos de documentos para a xustificación da inversión