Inicio solicitude: Desde 25 de maio de 2017
Fin solicitude: 6 de xullo de 2017
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e hoteleiro para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marca do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y) . (DOG do 24 de maio de 2017).
Concepto subvencionables
- Auditorías enerxéticas.
- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.
- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria e hoteleiro.
Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e hoteleiro, asi como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de instalacións fotovoltaicas, solares térmicas e bombas de calor que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético, como mínimo do 20% respecto do consumo incial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 4.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.
Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
Beneficiarios
Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día en que se presente a solicitude de axuda e o 15 de setembro de 2018.
Contía máxima da axuda
A contía da subvención será do 30% do investimento subvencionable, cun máximo de 500.000 € por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas a intensidade de axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 % do custo elixible.
No caso de axudas para a elaboración de auditorías enerxéticas a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.
Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.
Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 25 de maio e remata o 6 de xullo de 2017.
Documentación complementaria solicitude
- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa
- Contido mínimo auditorías enerxéticas
- Memoria técnica PAE-Iluminación
- Memoria técnica adicional edificios PAE
- Memoria técnica adicional edificios PAE
Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 13.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:
- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.
Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Informe técnico actuación realizada proxectos xeración eléctrica
- Informe técnico actuación realizada excepto proxectos xeración eléctrica
- Declaración responsable empresa non en crise
- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude
- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)
- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas
- Certificado de finalización da instalación
Modelos de documentos
Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.