Inicio solicitude: Desde 10 de xaneiro de 2019
Fin solicitude: 11 de febreiro de 2019
A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y).(DOG do 9 de xaneiro de 2019).
RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 22 de maio de 2019).
RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 23 de maio de 2019).
RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2019 sobre ampliación do prazo establecido no artigo 25 da Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados del programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 6, do 9 de xaneiro de 2019).(DOG do 19 de setembro de 2019).
Conceptos subvencionables
- Auditorías enerxéticas.
- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.
- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industriae servizos.
Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e servizos, así como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do consumo do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de coxeración e biogás que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético como mínimo do 20% respecto do consumo inicial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.
Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.
Beneficiarios
Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o 31 de outubro de 2019.
Contía máxima da axuda
A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 100.000 €, se ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.
Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.
Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 10 de xaneiro e remata o 11 de febreiro de 2019.
Documentación complementaria solicitude
- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa
- Contido mínimo auditorías enerxéticas
- Memoria técnica PAE-Iluminación
- Memoria técnica adicional edificios PAE
- Memoria técnica adicional edificios PAE
Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 16.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:
- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario, correo electrónico e contrasinal.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.
Modelos de documentos para a xustificación do investimento
- Informe técnico da actuación realizada
- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude
- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)
- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas
- Certificado de finalización da instalación
Modelos de documentos
Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.