A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, para o ano 2019.(DOG do 15 de febreiro do 2019).
RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019 pola que se amplían e redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes, recollidos na Resolución do 10 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. (DOG do 21 de maio do 2019).
RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019 pola que se modifica a Resolución de 10 de xaneiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de equipos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. (DOG do 27 de agosto de 2019).
Conceptos
Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica, minieólica e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Presentación de solicitudes
Prazo para a presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 26 de febreiro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 31 de maio de 2019.
So se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
Requirimentos Técnicos da aplicación
Dependendo do Sistema Operativo instalado:
S.O. Windows:
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Firefox, Google Chrome.
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
- Ter instalado a última versión de Java , Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits).
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Google Chrome
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
- Ter instalado Autofirma para Mac.
- Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
- Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
- Ter instalado Autofirma para Linux.
Documentación obligatoria para admitir a trámite a solicitude
Beneficiarios
Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas.Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se corresponda con estas clases do CNAE -2009.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen totalmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros consumidores nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.
Intensidade de axudas e contías máximas
A contía da axuda será do 35 % do custe elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.
Prazo de execución e xustificación
A data límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2019. Os proxectos non poden estar iniciados antes da data de presentación da solicitude da axuda.
Para todas as solicitudes de axuda que se lles notificase a resolución de concesión a partir do 1 de agosto o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 31 de outubro de 2019.
Documentación complementaria solicitude
- Declaración capacidade administrativa
- Declaración outorgamento representación
- Ficha de consumos proxectos aforro
- Ficha de consumos renovables termica
Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto:
- Memoria técnica Fotovoltaica-Minieólica
- Memoria técnica Biomasa-Biogás
- Memoria técnica Xeotermia-Aerotermia
- Memoria técnica Solar térmica
- Memoria técnica proxectos de aforro en iluminación
- Memoria técnica outros proxectos de aforro
Documentación complementaria xustificación
- Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade
- Informe técnico actuación realizada
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo sen excedentes
- Certificado de obra sistema de captación xeotermica
- Modelo placa publicidade
- Modelo certificado finalización instalación
- Modelo Renuncia
Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.
Máis información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.