INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2021 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS

Inicio solicitude: Desde o 20 de xaneiro de 2021 ás 09:00h.
Fin solicitude: 15 de outubro de 2021

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y).(DOG do 18 de xaneiro de 2021).

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021 (código de procedemento IN417Y).(DOG do 16 de decembro de 2021).

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que sebestablecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).(DOG do 27 de xaneiro do 2022).

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 26 da Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de
aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 18 de xaneiro de 2021).(DOG do 18 de agosto do 2022).

Conceptos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos que xustifiquen un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións en proceso produtivo do sector industrial). Deben alcanzar un ratio de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de investimento elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresa e 0,2 para pequenas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o  17 de outubro de 2022.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 500.000 €, se ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 20 de xaneiro ás 9:00 h e remata o 15 de outubro de 2021.

Documentación complementaria solicitude 

- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE

- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Modelo cartel obra

- Certificado de finalización da instalación

- Certificado de obra do sistema de captación xeotérmica

- Declaración ambiental do beneficiario [revisado]

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 514.